in

Aberto o prazo de inscrición para o III Fugas e Interferencias, Performance Art Conference

FugaseInterferencias |

FUGAS E INTERFERENCIAS. III Performance Art Conference, celebrarase os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro de 2018 nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela. O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

O período de inscrición está aberto ata o día 29 de novembro. O congreso fixa unha cota única de inscrición de 50 €. As inscricións xa aceptadas e pagadas, non son reembolsables baixo ningunha circunstancia.

O asistentes ao III Congreso de Arte de Acción. Fugas e Interferencias, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia deberán facer un ingreso á entidad bancaria ABANCA mediante o código de inscrición  INV00190, especificando nome, apelidos e DNI / pasaporte e facendo constar que se trata dun Congreso da Universidade de Vigo. 

Publicidade

Os asistentes do resto do Estado Español deben facer unha transferencia na conta con IBAN nº ES14 2080 0501 12 3110000112, facendo constar o código  INV00190, nome, apelidos e DNI / pasaporte, e especificar que se trata dun Congreso da Universidade de Vigo. 

Os asistentes estranxeiros deben facer unha transferencia á conta con IBAN nº ES14 2080 0501 12 3110000112 (ABANCA-TAXAS), facendo constar o código BIC: CAGLESMMXXX, ademais do código de inscrición  INV00190nome, apelidos e DNI / pasaporte, e especificar que se trata dun Congreso da Universidade de Vigo. 

Para completar o proceso de formalización deberá mandarse un mail co asunto: Formalización da inscrición ao correo [email protected] adxuntando o xustificante de pagamento, así como, os seguintes datos: Nome e apelidos,  DNI, data de nacemento, teléfono de contacto, condición académica (docencia, investigación…) e enderezo postal.  

A inscrición non se fará efectiva ata que se confirme a recepción do xustificante do ingreso ou transferencia polo comité organizativo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PremiosLourenza |

Comeza o II Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá

porkulo |

Presentación do #Corufest na Coruña