in

Fantoches Baj leva a Cuba ‘Auga que non vas beber’

AugaFantochesBaj |
A compañía actuará no festival “Bacanal de teatro de títeres para adultos 2018″, que terá lugar en La Habana, do 19 ao 25 de novembro.

 

A compañía teatral Fantoches Baj presenta en Cuba o seu novo espectáculo, Auga que non vas beber, co acompañamento musical a cargo da Coral Leo, dirixida por Corina Campos. Será no Festival Bacanal de teatro de títeres para adultos 2018, que terá lugar en La Habana, do 19 ao 25 de novembro. A cuarta edición de este encontro reunirá artistas e agrupacións cubanas e internacionais especializadas no teatro de títeres.

Fantoches Baj realizarán tres pases en La Habana de Auga que non vas beber e o primeiro deles terá lugar o día 22 de novembro ás 19h00 no Patio do Preuniversitario Saul Delgado.

Publicidade

Sobre o escenario dous actores, Almudena Vidal e Inacio Vilariño, que dan vida a diversos personaxes nunha singular proposta que engarza o teatro, os monicreques para adultos, a música e a narración oral. Trátase “dun recital satírico para monicreques” dunha hora de duración onde “salientan diversas cantigas populares como “A saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “O cura está malo”, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar “as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada”, tal e como explica a propia compañía.

Nesta obra, cuxa posta en escea inspírase na figura do cego con monifates, Inacio Vilariño (autor e director) encarna os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé, e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TanxarinaGaliñaPrem |

Titiriberia estrea ‘As variétes de Barriga Verde’ na Feira de Francos

Invisibles3 |

‘Invisibles’ pon en escena a loita contra a violencia machista