Mikel Aristegui estrea en Ourense o seu primeiro espectáculo producido en Galicia

A compañía Mikel Arístegui estrea o seu novo espectáculo, In Between, o vindeiro 15 de novembro, ás 20:30, no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase do primeiro espectáculo de Mikel Aristegui producido en Galicia. O proceso de creación comenzou o pasado mes de febreiro a través dunha serie de encontros entre os intérpretes en Allariz e Ourense: Nuria Sotelo, Rosabel Huguet e Mikel Aristegui. En xuño presentaron un extracto da peza no Festival Vila Real Dansa en Castelló, como previo á estrea do espectáculo escénico.

Nos seus case 30 anos como profesional, Mikel desenvolveu un traballo de diálogo consigo mesmo, a dous ou nun grupo e a súa arquitectura espacial como consecuencia da necesidade de amoldarse a calquer traballo ou proposta coreográfica. Non é necesaria unha experiencia nalguna técnica de danza aínda que ésta axuda; o importante é a claridade consigo mesmo e a disponibilidade para a comunicación a través do movemento. Exercicios sinxelos porannos en movemento e en conexión a niveis físicos e emotivos.

Arístegui traballou como bailarín con Sasha Waltz & Guess durante casi 10 anos, con Dv8 Physical Theater durante 3 anos na produción Just for show e como coreógrafo co director de teatro Thomas Ostermeier, na Ópera Orpheo e Euridice e para a Compañía Dantzaz entre outros.

In between defínese como ” ese espazo entre os cánones do home e da muller, entre o masculino e o feminino, a definición do xénero non binario, a necesidade de entrar nunha dinámica de xénero fluido que protexa á persoa como tal, máis alá do sexo que poida representar”.

 

Ficha

Dirección e coreografía: Mikel Aristegui
Interpretación: Rosabel Huguet, Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
Iluminación: Octavio Mas
Música orixinal: Gabor Csongradi
Vídeo: Camila Rapetti
Deseño gráfico: Marta Romero
Produción: Mikel Aristegui
Colaboran: Galicia Danza Contemporánea e Auditorio Municipal de Ourense
Espectáculo realizado nun ambiente seguro e de respecto para o colectivo LGTBIQ

 

 

Deixar unha resposta