Tres xornadas de “experiencias teatrais” en Lugo da man de Achádego Teatro

Achádego Teatro finaliza novembro con tres xornadas de “experiencias teatrais”. Tamár Novas, Jorge Coira, Mercedes Castro e Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Os actos forman parte dun amplo programa organizado para conmemorar o 30 aniversario de Achádego Teatro. Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Vello Cárcere ás 20:00 e ás 18:00.

Achádego Teatro quere celebrar esta especial festa do teatro invitando a reflexión sobre a situación actual da actuación, produción e escritura en ficción. Para eso organizou estas “Xornadas teatrais” en dúas fases nas que participan un total de dez relatores relacionados co mundo da actuación.

 

O venres 23 de novembro, ás 20:00 no Auditorio do Vello Cárcere, celebrarase a mesa redonda “Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual “ con Jorge Coira, Director de cine, Antonio Mourelos, Presidente da Academia Galega do Audiovisual e actor, e Mercedes Castro, actriz e produtora de Emedous.

Jorge Coira é director, guionista e montador. Nace en Rábade e amosa dende a adolescencia a súa paixón polo cinema. Nos anos 90 empeza no mundo do cine realizando curtametraxes. En 2002 filmou a súa primeira largometraxe, o filme Entre bateas. Despois viñeron O ano da carracha 18 comidas,  que leva recibido numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais. Traballou en varias series de televisión. En 2016 gañou o Goya á Mellor Montaxe polo seu traballo en El Desconocido de Dani de la Torre. Na actualidade, filma a versión cinematográfica de Eroski Paraíso, da compañía Chévere.

Antonio Mourelos naceu en Lugo en 1959. Licenciado en Imaxen e son na Facultade de Ciencias da Información da Universidade complutense , empezou a traballar na radio en Lugo. Nos anos 80 marchou para Santiago en donde realizou labores de dobraxe e comezou a traballar en varias películas e series galegas. Actualmente é profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación impartindo a materia de “Dirección e Interpretación cinematográfica”.

Mercedes Castro [na foto] recibiu formación actoral na Escola de Teatro e Danza “Espacio Aberto” en Santiago de Compostela entre 1994 e 1997, con curso de posgrado en Arte dramática, teoría, práctica da interpretación un ano despois. A súa experiencia como actriz pasa polo Centro Dramático Galego, Espello Cóncavo ou Teatro do Atlántico entre outras. Participou en varias series televisivas e longametraxes. En 1998 gañou o premio María Casares de teatro á Mellor Actriz Protagonista. No 2001 funda Eme2 Produción e distribución, da que é xerente e directora.

 

Ao día seguinte, sábado 24 de novembro, tamén ás 20:00, será a quenda da conferencia “A dramaturxia actual” co dramaturgo Sergi Belbel. Belbel nace en Tarrassa en 1963. É autor, director e tradutor teatral. Membro fundador da Aula de Teatro da Universitat Autónoma de Barcelona e profesor de Dramaturxia no Institut del Teatre de Barcelona de 1988 a 2006, dende 2016 dirixe o laboratorio de dramaturxia Peripécies, na sala Becket de Barcelona. Ten un casi infinito curriculum de premios entre os que están o Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura Español por Morir, o Premio Moliere á mellor obra cómica por Aprés la pluie, ou o Premio Max das Artes Escénicas á proxección Internacional por Después de la lluvia. Acaba de recibir o Premio “Rosalía de Castro” do Centro PEN de Galicia.

 

Finalmente, o domingo 25 de novembro, ás 18:00, haberá un encontro co actor Tamar Novas baixo o título “O nacemento e a formación dun actor”. Tamar Novas é un actor galego nacido en Compostela en 1986.

Con 11 anos foi descuberto polo director José Luis Cuerda para interpretar un dos protagonistas en La lengua de las mariposas unha película preseleccionada para os premios Oscar como candidata española e que Woody Allen calificou como “ unha das mellores películas que nunca vira”. A partir de ahí selecciona moi ben os seus traballos, rexeitando moitas ofertas para poder seguir cos seus estudos. Decide non rexeitar, porén, a proposta de Alejandro Amenabar para filmar Mar adentro con Javier Bardem, sobre a vida de Ramón Sampedro, coa que gaña o Goya ao actor revelación en 2005 e o Premio da Unión de Actores dese ano. A película gañaría despois o Oscar a mellor película de fala non inglesa. Tamar decide, no obstante, seguir coa súa carreira de comunicación audiovisual e a súa formación como actor. En 2007 trasládase a Madrid para seguir a súa formación na Escola de Juan Carlos Corazza. Entón aparece Almodóvar coa proposta de un papel en Los abrazos rotos que lle abre aínda máis o panorama internacional. Con Corazza e textos de Shakespeare e Lorca se inicia no teatro. Con El viaje a ninguna parte segue a súa carreira teatral da man do Centro Dramático Nacional. En 2019 estreará no Centro Dramático Nacional El jardín de los cerezos de Chéjov.

Deixar unha resposta