XXII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebrará este xoves 22, ás 20:30, a vixésima segunda edición do Memorial Ibán Toxeiro, da man da agrupación Alexandre Bóveda, que este ano quere visibilizar o traballo de mulleres como Bego Lomba, Imma Antonio, Rebeca Montero e Lucía Iglesias, nunha homenaxe tamén ás directoras, representadas pola propia Lomba, Manuela Varela e Amalia Gómez.

Este ano, o XXII Memorial Ibán Toxeiro dedícase ás mulleres que constrúen o Teatro Nacional día a día, unha homenaxe ás directoras e dramaturgas galegas do noso tempo. Por esa razón, o premio Ibán Toxeiro deste ano será entregado a Begoña Llamosas, programadora teatral e directora do Fórum.

O Ibán Toxeiro quere ser un agarimo da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao servizo da escena do país, con catro propostas novas e anovadoras para amosar o teatro actual:

  • Nas Nubes, escrita e dirixida por Bego Lomba.
  • Músculo de Sal, escrita por Imma Antonio e dirixida por Manuela Varela.
  • Conversas, escrita por Rebeca Montero e dirixida por Amalia Gómez.
  • Calíope, o rescate de Lino Braxe, que dirixe a peza, dunha autora do século XIX, Lucía Iglesias, da que nunca se representou nada.

Presentará Sabela Hermida e dirixe Lino Braxe, coa colaboración especial de Bucanero Teatro.

Deixar unha resposta