in

Chévere toma os escaparates de Ferrol contra a violencia machista

ChevereMacara |

Coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, a Concellería de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller do Concello de Ferrol inclúe na súa campaña de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, un proxecto escénico de Chévere que se realizará nos escaparates dos comercios do barrio da Magdalena de Ferrol.

Durante a mañá do sábado 24 de novembro, Chévere desenvolverá en distintos escaparates unha serie de intervencións teatrais que tratan específicamente o tema da violencia de xénero, co fin de concienciar a un público amplo desde a proximidade e a empatía.

Relacionar e vencellar a prevención da violencia de xénero, o pequeno comercio e a creación artística pode abrir un fértil campo de cultivo para sementar usos comerciais, culturais e sociais cheos de novas sensibilidades. É un xeito orixinal de trasladar á rúa un debate que moitas veces non sae da casa, recoñecendo o valor do comercio retallista como ámbito preferente de comunicación entre a veciñanza.

 

Programa


Publicidade

12,00h. Ónix Moda (Rúa Magdalena esquina con rúa do Carme)
RETRATOS DE MULLERES: MIRIAM

Miriam é unha muller nova, ten un bó traballo, unha filla pequena e leva casada varios anos. O seu home ten un traballo ben pagado, pero moi estresante. Ten problemas de agresividade e ciumes por todo. Hoxe están de aniversario e ela trata de ocultar calquera “problema” porque a ollos dos demais son unha parella ideal.

12,30h. La Premiere Moda, rúa Real 86
RETRATOS DE MULLERES: IRIA

Iria é unha muller que acaba de ter o seu primeiro fillo. Durante o embarazo estivo acompañada pola súa parella e seguiu a mesma preparación que tantas outras mulleres, pero o seu parto adiantouse un mes sobre o previsto e o que aconteceu no hospital foi totalmente distinto do que esperaba.

13,00h. Goya agasallos, rúa María 80 (detrás do concello)
RETRATOS DE MULLERES: LOLA

Lola é unha muller traballadora de mediana idade. Sen estudios. Casada desde hai máis de vinte anos e con dous fillos. Seu home está no paro. Na súa relación de parella son habituais os malos tratos desde hai xa ben tempo. Amagou un par de veces coa separación, pero nunca chegou ata o final.

13,30h. Olmo mobles, rúa Galiano 45
LUGARES COMÚNS

Un home e unha muller manteñen un diálogo que acaba en discusión violenta. Que é o que está pasando entre eles? De que falan? Por que discuten? Que lle bota él en cara? Que responde ela? Por que se enfada?

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Culturgal |

Escena Galega organiza as súas Xornadas Profesionais no Culturgal

AMarabunta2 |

A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero