Comeza o III SóLODOS en Danza en Ourense

SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América dende hai 6 anos e realizarase por terceira vez na cidade de Ourense a partir de mañá, os días 23 e 24 de novembro.

A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveis Iberoamericanos.

O 23 de novembro pola mañá, máis de 400 nenas e nenos da provincia de Ourense teñen un programa exclusivo para eles, compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. E serán eles quen otorgarán o PREMIO XOVE a unha das 6 obras do certame de creación de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía ganadora, premio que se entregará o día 24.

O día 23 de novembro ás 20:30 celébrase a GALA SóLODOS EN DANZA cos seguintes artistas e compañías convidadas: Tejido Conectivo (Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano); Iron Skulls (Agnés Sales, Héctor Plaza, Diego Garrido, Adrián Vega e Moisés-Moe) e Cía Exire con Alba Fernández Cotelo, gañadora da pasada edición do Certame.

O 24 de Novembro ás 20:30 terá lugar o Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea onde concursarán 6 coreografías.

A coreografía gañadora será premiada co Premio SóLODOS en Danza / Ourense 2018, e ademáis entregaranse diferentes premios e bolsas entre os artistas participantes. Un dos premios será outorgado polo público asistente ao certame, quen votará para seleccionar a súa coreografía preferida.

Este mesmo día e antes da entrega de premios poderemos gozar das actuacións da compañía Iron Skulls e do artista Arnáu Pérez, ganador do Premio Xove na pasada Edición do Festival.

 

Outras actividades do Festival

Mestres distinguidos impartirán clases maxistrais para estudantes e obradoiros especializados para profesionais. Ademáis como peculiaridade nesta edición, o Festival ofrece un obradoiro de danza contemporánea para maiores de 60 anos.

O Festival organiza un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos como Espacio Espiral-Laboratorio Escénico y de Artes Afines de Santander, Les Naves de Gijón, Centro de Danza de Zaragoza, Red a Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España), Festival Trayectos de Zaragoza, Festival ContraDANÇA Festival de Danza e Movimiento Contemporáneo de Covilha en Portugal e Sólodos en Danza (Costa Rica / Ourense): proxectos culturais que promoven o traballo escénico contemporáneo e favorecen a mobilidade de creadores noveis.

Pódese consultar aquí a programación completa.

Deixar unha resposta