in

Cuarta edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”

HelenBertelsAmor |

A cuarta edición do programa Mulleres en acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, comezou o pasado sábado 23 de novembro en Vigo, coa performance Nosotras de Nieves Correa. O programa continuará hoxe, 26 de novembro, na Praza da Peregrina de Pontevedra, ás 12:00 h, a través da acción escénica Amor de Helen Bertels, creadora, actriz, autora e artista alemá establecida en Santiago desde 1999. A súa acción escénica, que formar parte do proxecto “Agasállame un día da túa vida” recolle retratos en palabras e imaxes de mulleres.

Tras Vigo e Pontevedra e ao longo de 12 meses, Mulleres en acción. Violencia Zero seguirá noutros 23 concellos para estender a loita contra as violencias machistas. Deste xeito, desde este mes e ata novembro de 2019 terán lugar accións artísticas que comprenderán performances, poesía, poesía, narrativa, murais, música, graffiti, danza contemporánea e acción escénica, en Salceda de Caselas (O xardín é de todas de Iria Fafián en decembro), Ponteareas (Corpus Interruptus de Silvia Antolín en decembro), Vilaboa (A palabra indómita de Iolanda Zúñiga en xaneiro), Mos (In mapa son de María Move en xaneiro), Ponte Caldelas (Efectos colaterais de Concha Mayordomo en febreiro), Cambados (O que segue de Cristina Balboa en febreiro), Vilagarcía de Arousa (Venus de Luz Darriba en marzo), Barro (P-persoa Ola 3 de Teresa Búa en marzo), Lalín (Sofía de Marta Pérez en abril), O Grove (Non ser muller libre mentres haxa mulleres sometidas de Rendi Nue en abril), Silleda (A unión é vida de Lidia Cao en maio), Tomiño (Reforestando de Doa Oa en maio), Poio (Femininopural a cargo de Silvia Penide en xuño), As Neves (Future de Vanesa Álvarez en xuño), A Illa de Arousa (Guerreiras mandingas de Konafro en xullo), Baiona (Bailar agora a cargo de Marta Alonso en xullo), Cangas (Mulleres na lusofonía a cargo de Sara de Sousa en agosto), A Guarda (Rosa por Nuria Sotelo en agosto), Forcarei (Estíbaliz Espinosa leva poesía, música e astronomía baixo o título de 7 constelacións que xa non son invisibles en setembro), Gondomar (Un xardín por (re)construír de Diana Mera en setembro), Cuntis (Tabú de Carmen Conde en outubro), Meis (Regueifa 2.0 a cargo de Alba María e Lupe Blanco en outubro) e Nigrán (Anástrofe, de María Vallina en novembro).

 


Publicidade

Mulleres en acción. Violencia zero

O 25 de novembro de 2015 nacía “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. “Mulleres en acción. Violencia zero” foi ademais foco informativo e ocupou portadas e espazos de relevancia nos medios de comunicación, non só locais, senón rexionais e mesmo nacionais. O cancelo #ViolenciaZero tivo milleiros de impactos nas redes sociais e provocou unha grande interacción co público, especialmente entre as e os máis novos. Obxectivos cumpridos: visibilidade para poñer en valor e implicación da cidadanía para promover unha actitude crítica fronte á realidade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Arnoia |

Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena

Sólodos |

Premios no Festival SóLODOS de Ourense