in

Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras’

Casquería |
Irene Moreira é a creadora e directora desta proposta, que lle propón ao público unha reflexión sobre a incapacidade social para detectar o talento e sobre a supervivencia das minorías

 

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe sábado 8, ás 20:3., e o domingo 9, ás 18:00.

A través da súa linguaxe poética, Casquería e outras vísceras fala da substancia interior do ser humano e proponlle ao público un espazo para a reflexión e para a acción. A isto contribúe, ademais, a forza impactante do espazo escénico deseñado por Montse Piñeiro, quen tamén se encargou da iluminación e do vestiario, así como o espazo sonoro de Natalia Cancela. Completa o equipo José Vaquero como axudante de dirección.

Publicidade

A través desta montaxe, Xerpo proponlle ao espectador unha pregunta: “Por que a sociedade non é quen de detectar o talento?” Na procura dunha resposta a esta cuestión, o espectáculo afonda na desconexión social coa identidade, especialmente coa das minorías, que se foi diluíndo no que a compañía define como “feitos maquinais”: traballo, consumo, supervivencia…

As entradas para as dúas funcións de Casquería e outras vísceras en Compostela xa están á venda a través do web entradas.ataquilla.com. Tamén poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que estará aberto ao público desde dúas horas antes do inicio das representacións.

A programación na sede do Centro Dramático Galego continuará a semana que vén, cando chegará a Santiago a compañía Inversa Teatro para representar do martes 11 ao domingo 16 o seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, tras o seu paso por Culturgal e a súa estrea oficial o pasado día 5 en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DeixaDeTocalaSam02 |

AveLina Pérez estrea ‘Deixa de tocala, Sam’ no Teatro Ensalle de Vigo

Daniel Abreu

TRC Danza 2018 remata este venres con ‘La desnudez’, de Daniel Abreu