in

Chega a II edición do Festival Porta Máxica de Ferrol

|

Ferrol celebra a partir do vindeiro 2 de xaneiro a II edición dun festival de ilusionismo que aspira a repetir e multiplicar o éxito da súa estrea no 2018.

O concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, presentou a segunda edición dun evento singular para un público familiar que dirixe e capitanea o mago ferrolá Martín Varela a fronte dunha equipa de magos chegados desde Francia, Barcelona e distintos puntos de Galicia que darán a benvida ao novo ano co público ferrolán os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

O festival terá distintos escenarios: o Teatro Jofre, o centro cultural Carvalho Calero, o Inferniño, o centro cívico de Caranza, a Biblioteca central, o CHUF e a Residencia de Maiores de Caranza, con espectáculos solidarios e obradoiros de maxia para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

O festival, que organiza o Concello de Ferrol a través da Concellería de Cultura, é unha producción de Thinking Up Events e dirixido polo ilusionista ferrolán Martín Varela, coa colaboración do Colectivo Máxico Lorc & Julit. Participarán magos de prestixio como Gaëtan Bloom, un dos máis creativos do mundo; Jordan Gomez, un novísimo mago francés que percorre o mundo cun acto de vertixinosa prestidixitación; El Gran Carlini, que actuou en Broadway (Nova Iorque) coa superproducción “The Illusionists”; e Mag Marín, gañador da primeira edición de “Pura Magia” de TVE.

A este gran electo súmanse Álex Louzao, Joshua Kenneth e Martín Varela, novas promesas da maxia galega, así como aos locais Mago Fon e Juan Vidal, para facer as delicias do público ferrolán.

 

Programa

Mércores 2

11:30 – Apertura oficial do festival – Vestíbulo do Teatro Jofre (Prensa)

12:30 – Obradoiro de maxia – Asociación de Veciños de Valón

17:00 – Obradoiro de maxia – Centro Cívico de Caranza

18:30 – Álex Louzao presenta “De ilusións tamén se vive” – Centro Cívico de Caranza – Entrada libre


Publicidade

Xoves 3

11:00 – Obradoiro de maxia – Biblioteca Municipal (Praza de España)

12:30 – Obradoiro de maxia – Centro Cultural Carballo Calero

17:00 – Espectáculo de Joshua Kenneth – Centro Cultural Torrente Ballester – Entrada libre

19:30 – Gala de maxia Lorc & Julit co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín – Teatro Jofre.

Venres 4

11:00 – Maxia solidaria – Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

12:00 – Maxia solidaria – Residencia de maiores de Caranza

18:00 – Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela – Teatro Jofre

20:30 – Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela – Teatro Jofre.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CLEANERS 01 |

O teatro de pompas de xabón chega ao CDG con Malasombra

theater 105573 1280 |

I Premio Platta de Teatro Breve en tres linguas