in

Julio Fernández gaña o V Certamen Nacional de Textos Teatrales Cuenca a Escena

JulioFer |

O dramaturgo Julio Fernández Peláez (Manzanal de Arriba, Zamora) é o gañador do V Certamen Nacional de Textos Teatrales Cuenca a Escena e convértese no primeiro autor que repite premio no palmarés deste concurso literario, promovido pola compañía Palanka Teatro.

Sembraré recuerdo é o título da obra gañadora desta edición, que será representada no mes de xuño no Teatro Auditorio de Cuenca polos alumnos do Taller de Experimentación Teatral que Palanka Teatro imparte na capital conquense.

A obra de Fernández impúxose entre as máis de 70 pezas que participaron nesta edición e foi elixida por unanimidade dun xuri composto por María del Pilar Martín Sánchez, actriz e directora de Palanka Teatro; Laura Aparicio, actriz, dramaturga e gañadora do cuarto certame e Jesús Alberto Huerta Romero, xornalista do diario dixital Voces de Cuenca e autor do blog literario ‘Una huerta de tuerca’.


Publicidade

Julio Fernández, zamorano afincado en Galicia, foi o gañador da primeira edición deste premio no ano 2015 con Mecanismo para un viejo psiquiátrico y siete locos auténticos, publicado por Ediciones Invasoras. Director da compañía Anómico Teatro, publicou outros libros de teatro, novela e poesía entre os que destacan Filamentos de tiempo, Manifiesto capitalista para destrozar corazones, Esgotar os ollos, O chapeu do indixente, Ananké, Cielo Naranja, Billetes transportan mensajes, ou Arquivos de realidade (en colaboración con Francisco Oti, editado pola erregueté), entre otros. Recibiu algúns premios literarios como o IV concurso de dramaturxia ‘La jarra azul’, VI Premio ‘El Espectáculo Teatral’, o VI Premio de relato ‘Ángel Ganivet’ ou o XIII Premio Internacional de Poesía Experimental da Diputación de Badajoz.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CrisAndina |

“Outra pel, outro rostro”, exposición de Cris Andina en Cariño

LouraçoAEsperadeBeckett |

Jorge Louraço evoca a Beckett no Teatro Carlos Alberto do Porto