in , ,

O FIOT recolle o Premio da Cultura Galega

Latristezadelosogros |

O presidente da asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro, desprazarase hoxe ao mosteiro de Montederramo para recoller, ás 12:00, o Premio da Cultura Galega concedido ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) na categoría de artes escénicas. Acompáñarano o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

En Artes Escénicas o recoñecemento foi para o Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT, todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia. Celébrase en Carballo desde 1992, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co Concello de Carballo. Desde o seu inicio foi medrando de xeito exponencial tanto na calidade das programacións como na fidelización de público. Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece está recoñecido como un dos máis importantes festivais de Galicia, cun programa que vén ofrecendo unha trintena de obras e preto de 100 actividades paralelas.

Entre os galardoados este ano están, ademais,  Xosé María Álvarez Cáccamo (Letras), Antón Santamarina Fernández (Lingua), o Festival de Cans (Audiovisual), A Roda (Música), a Asociación O Sorriso de Daniel (Patrimonio Cultural) e Ramón Villares Paz (Proxección Exterior).


Publicidade

A peza que este ano entregará a Consellería de Cultura aos premiados será unha escultura do artista ourensán Acisclo Novo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ProxectoPank03 |

O programa de residencias do CDG acolle a Proxecto Pank con Funboa Escénica

TeatroAmadorGondomar |

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia