Vangelo

Evanxeo Delbono | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Luca Del Pia |     Cando a nai deixou de querer ver a natureza foi o momento no que o fillo descubriu que a nai perdera a fe. Onde marchara a súa fe? Pregunta Pippo Delbono no que resulta un dos momentos máis reveladores de Vangelo. […]

Un île flottante

A palabra burguesía xa non está de moda | Manuel Xestoso | | Foto: Simon Hallstrom |     Une île flottante está inspirada nunha peza de Labiche, La poudre aux yeux, na que dúas familias burguesas pretenden amañar o matrimonio dos seus herdeiros simulando ambas posuír un patrimonio do que xa non gozan coa finalidade […]

Golem

Teatro 2.0 | Manuel Xestoso | | Foto: Bernhard Mueller |     É unha parábola de significado obvio: o Golem é ese ser mitolóxico que, creado a partir da materia inerte, foi concibido para servir ao ser humano e, ao final, acaba xerando máis problemas dos que resolve. O mito da tecnoloxía (ou, máis concretamente, […]

Moeder

Estrañamento e fascinación da mirada | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Oleg Degtiarov |     Coa lóxica do estrañamento do soño e o pracer pola perturbación da realidade dentro dunha proposta hiperrealista, a compañía belga Peeping Tom abre as portas do museo no que encadra Moeder, o segundo espectáculo da triloxía formada por […]

Nacidas libres

Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. […]

Río Bravo

Flaca-flash-back Roi Vidal Ponte   Aquela obra que vin cando neno ensinoume o divertido que podía ser o teatro. Aquilo era enxeñoso, rebelde e imaxinativo. E por iso nos gustaba. A min e ao meu irmán, que xogabamos cos personaxes de Río Bravo e coas súas cancións coa mesma ilusión coa que o faciamos coas […]

Honey Rose

Acontece a vida | Laura Porto |        Cando non acontece nada, acontece a vida. No espazo da inquedanza existencial, da espera eterna pola vida desexada, a vida que é aparece e vívenos. Aí e así se conforma a identidade. Honey Rose fala connosco deses momentos de espera existencial nos que semellamos non […]

Goldi libre

Primeira persoa do plural | Manuel Xestoso |     Se nos dá por facerlle caso a Aristóteles, o ser humano extrae do teatro un gozo que procede do seu “natural gusto por aprender”. Sería unha boa noticia, porque tal e como están as cousas o que nos relata Goldi libre podería parecer unha ficción […]

Oops! I did it again

Oops! Xa o fixen outra vez ou O erro compulsivo. | Laura Porto |     A sociedade posmoderna, ou hipermoderna, ou o que queira que sexamos a estas alturas (se é que acaso somos máis que un tránsito entre épocas que non terá nome nin lle importará a ninguén) caracterízase principalmente porque todo o […]

Salvador

A mentira sempre volve | Roi Vidal Ponte |     Da emigración como gran tema da galeguidade hai moito escrito e moito por escribir. Sería para a cultura galega o que a Guerra Civil é para a española: ese cliché sociocultural que sempre volve, tanto na imaxinería colectiva como nas tendencias socioeconómicas que a […]

Tráfico

A traxedia e a farsa | Manuel Xestoso |     A traxedia repítese como farsa, iso xa o sabiamos. Pode ser o signo dos tempos: as grandes tramas que explica o teatro grego regresan reconvertidas en película de mafiosos. Quizais polos paralelismos entre o crime organizado e a organizacioón dunha sociedade cuxo único obxectivo […]

La Exforma

Cerimonia de ofertorio | Afonso Becerra de Becerreá |     A exforma nomea non só un espectáculo de danza teatro de Javier Martín, senón tamén unha vontade de poñer en crise o concepto “forma” no que se asentan as artes. A idea clásica do teatro, incluso do ballet, privilexia o dualismo forma – contido, […]

Up2Down

A maxia da forma | Laura Porto |     Arredor do día mundial da danza adoitan programarse nos circuítos convencionais espectáculos que a inclúen. Por sorte, porque podemos gozar deles, e por desgraza, porque non sempre é sinxelo atopalos programados noutras épocas nesta clase de espazos. Grazas a este fenómeno que, por suposto, acontece noutros […]

Latente

Presentes: intermitencias | Vanesa M. Sotelo |     Latente. Dise do estado de desenvolvemento suspendido que pode volverse activo en condicións favorables. Latente. Dise tamén do que existe sen manifestarse ou exteriorizarse. A palabra “latente” mantén tamén un xogo de proximidade coa francesa “l’attente”, que contén ao tempo espera e expectativa. Latente é o […]