Alentía, nos “Venres de Teatro” da Libraría Pedreira

O vindeiro venres 16 de novembro, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela continúa co seu proxecto “Venres de Teatro”. Nesta ocasión serán os compoñentes de Alentía Teatro, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas, os convidados a representar Manancial de Fantasía, un espectáculo que presenta varias historias vivenciadas por aprendices de pallasos que percorren o universo dos […]

Fundación SGAE publica ‘Raclette’, de Santiago Cortegoso, en edición bilingüe

A Fundación SGAE publicou dúas das obras finalistas a Mellor autoría teatral dos XX Premios Max de las Artes Escénicas: Raclette de Santiago Cortegoso e Solo son mujeres (Només són dones) de Carmen Domingo. Ambas publicacións súmanse á colección Teatroautor que edita a entidade e que conta con máis de 200 obras de teatro publicadas. O impacto de Raclette está fóra […]

Libros: novidades

  Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]

O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’

A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía […]

Vigo acolle a presentación do libro ‘Lembranzas da arte escénica’ de Maximino Queizán

A Casa da Cultura Galega en Vigo acolleu onte a presentación do libro Lembranzas da arte escénica, de Maximino Fernández Queizán. O volume, que vén de ser editado pola Deputación de Pontevedra, recolle as reflexións e a experiencia ao longo dos cincuenta anos da carreira teatral do creador vigués e complétase cun tratado de dirección […]

‘Río Bravo’ de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron esta tardiña a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo […]

Presentación da ‘Obra Dramática Completa’ de Luísa Villalta

O próximo mércores 16 de maio, preséntase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña a Obra Dramática Completa de Luísa Villalta, publicada por Edicións Proscritas, e que leva por subtítulo Sinfonía de escenas. O libro, publicado por Edicións Proscritas, está patrocinado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e pola propia […]