Unha ópera reúne a Cándido Pazó e o Taller Atlántico Contemporáneo

‘Il segreto di Susanna’, de Enrico Golisciani e Ermanno Wolf-Ferrari, estrearase o vindeiro 16 de decembro no Teatro Principal de Santiago. A dirección escénica recae en Pazó, que actuará xunto á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e o barítono galego Javier Franco. Diego García será o director musical A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago […]

A galiña azul

A inocencia e a inxenuidade | Manuel Xestoso |     Non é o mesmo a inocencia que a inxenuidade. Contar dende a inxenuidade lévanos a ignorar o conflito; contar dende a inocencia significa enfrontar o conflito cuns ollos despoxados de prexuízos. E de prexuízos fala A galiña azul: dende unha inocencia que linda co […]

Nacidas libres

Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. […]

O tolleito de Inishmaan

O mito e o fracaso | Manuel Xestoso |     Irlanda non debe ser tan mal sitio cando unha morea de compañías galegas a escollen para situar nela as súas montaxes. De feito, Irlanda é o lugar ideal para falar de Galiza sen ter que mencionala. Aos galegos, en xeral, non lles gusta ser […]

Foucellas

Esperanza e derrota | Manuel Xestoso |     Hai derrotas que constitúen triunfos morais. E tamén hai vitorias pírricas. Ambas parécense moito. Administrar o éxito ou o fracaso dunha iniciativa debe contar con esas dúas posibilidades de relación entre o pragmático e o ético, especialmente cando se trata dunha empresa política. Non sempre paga […]

A Canoa

A violencia e o discurso | Manuel Xestoso |   Existe a violencia e existe a forma en que se narra a violencia. A forma do relato inflúe no xeito en que asimilamos o relatado. Dicir “violencia domestica”, por exemplo, non explica as mesmas cousas que dicir “violencia machista”. Hai unha amálgama de connotacións implicadas […]

A casa do avó

Didactismo indignado | Roi Vidal Ponte |   Moitas veces teimamos en trazar fronteiras que non existen e que continuan sen estar claras por moito que calquemos. As fronteiras entre o que é infantil e o que é adulto son desas que xeneran debate e pataletas. O espectáculo A casa do avó de Tanxarina preséntase […]

Xardín suspenso

 Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é […]

Demolición

Minutos antes da dinamita | Camilo Franco |   Quedamos sorprendidos pola conclusións das cousas moito máis do que estudamos o proceso que levou a elas. De feito, facemos un distingo entre proceso e conclusión cando en realidade son partes dunha mesma circunstancia. Un final é un final, pero en termos analíticos os minutos finais […]

As do peixe

Cando a experiencia triunfou | Roi Vidal Ponte |   Estamos ante o que seguramente sexa o mellor texto dun autor acostumado a bregar coas inxustizas cotiás, propias desa clase humilde da que tanto gusta. Neste caso catro traballadoras da industria conserveira rememoran unhas conflitivas condicións laborais. Con afán documental (o proxecto iniciouse contactando con […]