O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago

O Manifesto A prol do Apóstolo Santiago recolle sinaturas en solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago tras os ataques recibidos despois de protagonizar o pregón do Entroido en Compostela. Centos de persoas e colectivos da cultura de Galicia e Portugal xa asinaron o documento, que se suma aos diferentes comunicados publicados en apoio á liberdade de expresión […]

A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago despois do seu pregón no entroido de Compostela que recibiu ataques “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. A […]

Os profesionais do circo e Escena Galega tamén se solidarizan con Carlos Santiago

Nas últimas horas, as asociacións profesionais Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) suman o seu apoio aos xa públicos doutras asociacións. Igualmente, Escena Galega, a asociación de compañías e empresas produtoras, fixo público un comunicado no que se solidariza co dramaturgo e, coma noutros casos, incide no caracter artificial e alentado […]

Outras catro asociacións profesionais fan público o seu apoio a Carlos Santiago

A seguir, reproducimos o comunicado de apoio a Carlos Santiago que veñen de facer público catro asociacións profesionais e que se suma aos manifestos da MITCF de Cangas e de DramaturGA publicados nos días anteriores. Carlos Santiago vén sendo obxecto dunha campaña de acoso tras unha información de El Correo Gallego na que se afirmaba […]

“Lingua á Escena”, un programa destinado a promover o uso do galego

Os concellos poderán solicitar até o vindeiro 20 de febreiro os espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Cultura que se inclúen nesta edición dentro do programa “Lingua á Escena” destinado a promover o uso do galego. Desde a Deputación da Coruña animan os concellos a ofrecer na súa programación os trece espectáculos do catálogo […]

Tráfico

A traxedia e a farsa | Manuel Xestoso |     A traxedia repítese como farsa, iso xa o sabiamos. Pode ser o signo dos tempos: as grandes tramas que explica o teatro grego regresan reconvertidas en película de mafiosos. Quizais polos paralelismos entre o crime organizado e a organizacioón dunha sociedade cuxo único obxectivo […]