Petrushka-Extended

Contar como se conta | Manuel Xestoso |     Sabemos que, na modernidade, a contemplación dun espectáculo non require só de disposición para desfrutalo, senón tamén dun espírito crítico que o xulgue e ditamine se a súa forma se adecúa ao propósito que o move. Os creadores xa non poden contar coa inxenuidade do […]

Kairos, sísifos y zombis

A utilidade do teatro Manuel Xestoso   Resulta pouco probable que atopemos un zombi segundo os canons da cinematografía popular: un corpo acabado de exhumar, vestido con galdrapos, que deambula buscando alguén a quen morder. Pero vaiamos aos grandes almacéns e observemos as multitudes desorientadas, errando entre os expositores na procura de algo que consumir: […]

El futuro empezó ayer

Unha vida sen interese Manuel Xestoso   Empoleirados nas maiúsculas das Artes, as Ciencias ou a Política, tendemos a non prestarlle moita atención ás vidas sen interese. E, non obstante, a vida propende a presentarse con moitas menos maiúsculas que a escritura: cando reparamos niso, decatámonos de que as vidas sen interese adoitan conformar a […]

El cuello de la jirafa

Físgoas de baleiro. (A elegancia da mirada). Roi Vidal Ponte   Hai cousas que existen e non se ven. Como o tempo. Como a impermanencia do presente. Ou como todo o que se agocha entre as fendas que unen e separan. Matarile é unha desas cousas. Raras. Polémicas. Únicas. Imprescindibles. Matarile non se ve, experiméntase. […]

Mar

Terra Roi Vidal Ponte   Bolivia perdeu o seu mar en 1879 nun enfrontamento bélico con Chile. Desde entón, o tema da mediterraneidade é un asunto de estado e o sentimento de perda parte do seu volkgeist. A compañía Teatro de los Andes encara esta frustración desde un punto de vista que por momentos semella […]

Islandia

O reality e a realidade Manuel Xestoso   Islandia non existe: é unha metáfora que representa a posibilidade de facer as cousas doutro xeito. Foron os islandeses os que protagonizaron unha revolta que levou á materialización do soño da maioría da poboación europea: dicirlles “non” aos bancos, negarse a rescatalos, evitar as políticas de austeridade, […]

30/40 Livingstone

Autoindulxencia | Manuel Xestoso |   A angustia do home contemporáneo maniféstase, en moitas ocasións, como baleiro existencial, como un sentimento de que a vida debería ofrecer “algo máis”. O problema vén cando ese “algo máis” é un ente impreciso e indefinido, unha simple presunción dunha existencia máis completa. A situación, neste caso, podería ter […]

O estado salvaxe. Espanha 1939

Biografías que importan | Manuel Xestoso |   Semella que se expande a conciencia de que a vida pública se constrúe cos ladrillos das diferentes historias persoais. A pequena intrahistoria dos que trataron de edificar –silenciosos ou silenciados– unha existencia propia durante a ditadura de Franco resulta esclarecedora para elaborar o retrato colectivo daquela época. […]

30 e tantos ósos

Mulleres e circunstancias | Camilo Franco |   Todo ocorre dun xeito cruzado. Como se coherencia ou organización fosen marcas de orientación máis que sistemas. Pode ser que todo ocorra cun sentido, pero que nós o ignoremos. Nós que chamamos azar a todas as cousas das que ignoramos as causas. O azar como esa arañeira […]

Parasceve

Ritual malogrado | Manuel Xestoso |   Escribiu Philip Roth que a Historia adoita entrar na vida das persoas como irrompe un cabalo desbocado no salón onde a familia está comendo tranquilamente: o sobresalto vai seguido de estupor e de feridas irremediables. Parasceve semella querer darlle a razón ao escritor norteamericano e relata como a […]

Teatro invisible

Teatro da teoría do teatro | Afonso Becerra de Becerreá |   O teatro é unha experiencia, unha vivencia compartida sublimada. Un encontro no que a actriz principal, a que se separa da comunidade para amplificar a súa presenza a través dunha enerxía expresiva que se move na quietude e no silencio tanto ou máis […]

Homes bisagra

Teatro vibracional | Afonso Becerra de Becerreá |   Homes bisagra semella materializar as ideas do visionario Antonin Artaud que podemos ler en Le Théâtre et son double. A musculatura sonora, lumínica e corporal actúan nunha sinestesia non redundante, que foxe de calquera lugar común e que fornece efectos empáticos hipnóticos, dunha beleza perturbadora. O […]