A galiña azul

A inocencia e a inxenuidade | Manuel Xestoso |   Non é o mesmo a inocencia que a inxenuidade. Contar dende a inxenuidade lévanos a ignorar o conflito; contar dende a inocencia significa enfrontar o conflito cuns ollos despoxados de prexuízos. E de prexuízos fala A galiña azul: dende unha inocencia que linda co candor […]

Nacidas libres

Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. […]

Río Bravo

Flaca-flash-back Roi Vidal Ponte   Aquela obra que vin cando neno ensinoume o divertido que podía ser o teatro. Aquilo era enxeñoso, rebelde e imaxinativo. E por iso nos gustaba. A min e ao meu irmán, que xogabamos cos personaxes de Río Bravo e coas súas cancións coa mesma ilusión coa que o faciamos coas […]

Interrupted

A máquina inclemente | Manuel Xestoso |     Conciliación é unha bonita palabra que inventamos ao decatármonos de que o traballo ocupaba todo o noso espazo vital, ao advertir que a nosa vida persoal pasaba a ser un luxo que non nos podiamos permitir se queriamos sobrevivir nun ambiente laboral onde a ambición e […]

Las Cervantas

Agora como entón | Camilo Franco |     Cervantes debería ser galego. De Cervantes, primeiro. Con ese apelido Saavedra e co patrocinio do Conde de Lemos. Con moitos oficios na súa biografía, de soldado a recadador de impostos, coa última opción da literatura e con esa inclinación á ironía imposible de disimular. Tan galego […]

Malasombra

Asombra ou non, a sombra? | Roi Vidal Ponte |   Non asombra: A este conto escénico pásalle o que aos filmes de acción: a maxia que conseguen os efectos especiais cae pola costa abaixo da febleza narrativa. Presume de estética naif coa coartada de estar baseada nos cómics de estética naif. Pero nos cómics […]

El Lazarillo de Tormes

Da fame e das aparencias | Manuel Xestoso |   A fame como motor do comportamento humano: velaí un principio que nos países occidentais tiñamos un pouco esquecido e ao que, desafortunadamente, comezamos a non ser tan alleos. O Lazarillo de Tormes orixinal retrata unha sociedade na que as aparencias prevalecen sobre a exactitude e […]

El extraño caso de la Marquesa de Vadillo

Xogo e posibilidades | Vanesa M. Sotelo |   “As cicatrices indican de onde vés pero non cara onde vas”. Abrir posibilidades, buscar, divertir, presentar horizontes a partir das fendas da sociedade… foron sempre algunhas das funcións do teatro. El extraño caso de la Marquesa de Vadillo é unha excusa para xogar e abrir posibilidades. […]

Bancarrota

Este asunto do diñeiro | Camilo Franco |   Como as miserias humanas non cambian dun século para outro, os argumentos teatrais vanse mantendo no tempo con toda frescura. Debería sorprendernos máis a resistencia dos humanos a mellorar que a idea de que os clásicos son intemporais. Seguramente o diñeiro é o invento máis influinte […]