Titans

Sombra titánica | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Julian Mommert |   A escuridade dá á luz un ser cósmico e inclasificable, unha figura na que é posible apreciar a esencia impersoal da humanidade e detectar os elementos dun eu absurdo. Absurda e protésica, esa figura descubre a lóxica dun universo cambiante no que […]

Tan lonxe, tão perto

Xornadas Culturgal sobre circulación escénica transfronteiriza | Manuel Xestoso | As relacións escénicas entre Galiza e Portugal son complicadas dende o principio: a historia do teatro galego comeza con aquel Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, no que, supostamente, galegos e portugueses manteñen un enfrontamento sobre os dereitos de pesca no río. En […]

Vangelo

Evanxeo Delbono | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Luca Del Pia |     Cando a nai deixou de querer ver a natureza foi o momento no que o fillo descubriu que a nai perdera a fe. Onde marchara a súa fe? Pregunta Pippo Delbono no que resulta un dos momentos máis reveladores de Vangelo. […]

Un île flottante

A palabra burguesía xa non está de moda | Manuel Xestoso | | Foto: Simon Hallstrom |     Une île flottante está inspirada nunha peza de Labiche, La poudre aux yeux, na que dúas familias burguesas pretenden amañar o matrimonio dos seus herdeiros simulando ambas posuír un patrimonio do que xa non gozan coa finalidade […]

Tráfico

A traxedia e a farsa | Manuel Xestoso |     A traxedia repítese como farsa, iso xa o sabiamos. Pode ser o signo dos tempos: as grandes tramas que explica o teatro grego regresan reconvertidas en película de mafiosos. Quizais polos paralelismos entre o crime organizado e a organizacioón dunha sociedade cuxo único obxectivo […]

Embarcação do Inferno

Asegurar o Paraíso e perpetuar o Inferno | Vanesa Sotelo | | Foto: Paulo Nuno Silva |   Cada espectáculo é a posibilidade humana de organizar unha nova realidade, de construír un mundo paralelo nun tempo suspendido fóra do tempo que diariamente nos roubamos. Embarcação do Inferno, co-produción realizada entre A Escola da Noite de Coimbra […]

This is concrete

O concreto entre os corpos | Vanesa M. Sotelo |     Dous corpos concretos: Jefta van Dinther e Thiago Granato. Dous corpos masculinos en concreta atracción. Un espazo en movemento transformado por unha luz concreta. Un espazo sonoro preciso que remove internamente o corpo de quen mira. This is concrete é a danza concreta […]

Kitsune

A ironía do sinxelo   | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves |   Por paradoxal que pareza, talvez a imaxe máis precisa da morte sexa a dun neno. Nunha sociedade secularizada na que a idea do tránsito perdeu validez, a alternativa para deitar algo de luz sobre o tabú do pasamento podería pasar […]

A conferência dos pássaros

A beleza do real | Manuel Xestoso |     Ornitólogos e sufís comparten a convicción de que o ceo se atopa na terra, de que aos seres alados é máis doado atopalos no universo tanxible que en ningún paraíso post-mortem. A conferência dos pássaros baséase nun relato místico persa no que as aves se […]

Nunca mates o mandarim

A lóxica do low-cost | Manuel Xestoso |     Hai persoas –poñamos por caso nos Estados Unidos– cuxo traballo consiste en observar as imaxes que envía un dron dende Afganistán, a once mil quilómetros de distancia. De cando en vez, ten que premer un botón que matará a un miliciano ou –segundo os estudos […]