Vilagarcía programa cinco obras no último cuadrimestre do ano

As compañías galegas Producións Teatráis Excéntricas, Eme2, Señora Supina, Redrum e Malasombra levarán os seus últimos espectáculos nos vindeiros meses ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación comezará o 29 de setembro coa peza de Valle-Inclán A cabeza do dragón a cargo de […]

‘Carpe diem’: ensaio aberto de Producións Teatrais Excéntricas en Compostela

Este xoves 31 de maio, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 18:00, a compañía Producións Teatrais Excéntricas presentará un ensaio aberto do espectáculo que está a preparar, Carpe diem, seguido dun coloquio co público. Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, os seus compoñentes farán […]

‘Resaca’ de IlMaquinario, parte como favorita nos María Casares

Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas O premio ao mellor espectáculo decidirase entre Elisa e Marcela, Resaca e Soño dunha noite de verán, mentres que A galiña azul de Tanxarina, Outono de Pistacatro, e Pum, Pum!’, de Baobab Teatro, competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantil. | Foto: LaDiapo / AAAG |   A Asociación […]

A cabeza do dragón

Outro Valle é posible | Manuel Xestoso | | Foto: Natasha Lelenco |   A clave, talvez, resida na escolla: elixir A cabeza do dragón como primeira obra de Valle Inclán representada en galego resulta tamén un manifesto. Valle nunca se librou dunha lectura casticista que, dalgún xeito, rebaixa a súa obra ao nivel do […]

Os amores de Jacques o Fatalista

Eros e civilización | Roi Vidal Ponte |     Houbo un tempo no que as historias eran contadas con graza. O importante non era de onde viñan nin a onde se dirixían as personaxes, senón que a súa singradura favorecese as peripecias. As historias, en realidade, eran sempre as mesmas, e podíanse contar cos […]

Bobas e galegas

Deconstrución de tópicos | Manuel Xestoso |   É moi significativo que unha obra que vai tratar sobre o trato recibido polos galegos nos textos dos autores do século de ouro español comece como unha versión de Esperando a Godot: dous segadores galegos que foran traballar a Castela debían ter unha percepción do que lles […]