O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago

O Manifesto A prol do Apóstolo Santiago recolle sinaturas en solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago tras os ataques recibidos despois de protagonizar o pregón do Entroido en Compostela. Centos de persoas e colectivos da cultura de Galicia e Portugal xa asinaron o documento, que se suma aos diferentes comunicados publicados en apoio á liberdade de expresión […]

A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago despois do seu pregón no entroido de Compostela que recibiu ataques “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. A […]

Os profesionais do circo e Escena Galega tamén se solidarizan con Carlos Santiago

Nas últimas horas, as asociacións profesionais Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) suman o seu apoio aos xa públicos doutras asociacións. Igualmente, Escena Galega, a asociación de compañías e empresas produtoras, fixo público un comunicado no que se solidariza co dramaturgo e, coma noutros casos, incide no caracter artificial e alentado […]

Outras catro asociacións profesionais fan público o seu apoio a Carlos Santiago

A seguir, reproducimos o comunicado de apoio a Carlos Santiago que veñen de facer público catro asociacións profesionais e que se suma aos manifestos da MITCF de Cangas e de DramaturGA publicados nos días anteriores. Carlos Santiago vén sendo obxecto dunha campaña de acoso tras unha información de El Correo Gallego na que se afirmaba […]