PUBLICIDADE

O bailarín e coreógrafo Xián Martínez, director da compañía iXa Universos de Movemento, realizará unha residencia creativa na Escola de Danza Contemporánea de Montreal (EDCM), xunto con outrxs 23 bailarinxs que están alá rematando os seus estudos superiores de danza, e onde desenvolverá a súa próxima creación, Yellow Lemon.

O proxecto nace da colaboración entre diversas institucións quebequesas e de Euskadi, como o Instituto Vasco Etxepare e o Conseil des Arts et des Lettres (CALQ), xunto co Centro de Danza de Gipuzkoa. Ademais, participan a compañía Dantzaz, Tabakalera e a propia École Supérieure de la Danse Contemporeine de Montreal (EDCM).

Os obxectivos principais deste programa, de ida e volta, son promover o desenvolvemento profesional dxs artistas e a difusión do seu traballo, dotándoos de novas ferramentas para o progreso cultural, fomentando o intercambio entre creadorxs.

Con Yellow Lemon, Martínez buscará traer á escena temáticas que xeren conciencia social, enfocándose, neste caso, na situación da migración constante dende o norte do continente africano ás praias europeas. O uso da cor será fundamental na propia dramaturxia da peza, centrándose no amarelo dos limóns, que aparece tamén no sol, nas tendas de praia, nas toallas… mais tamén nos salvavidas ou nos chuvasqueiros contra as tormentas. A cor amarela servirá como elemento de conexión entre o desfrute e a felicidade nun día de praia normal en Europa e a situación da xente que tenta chegar a esas mesmas praias.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!