Come and Go
Imaxe de Alberte Peiteável

PUBLICIDADE

A creadora escénica, performer, poeta e dramaturga Helena Salgueiro estrea este venres, 28 de xaneiro, no Teatro Colón da Coruña, unha adaptación do texto Come and Go, de . A montaxe, coproducida polo Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro do Alentejo, é unha proposta performativa, dirixida e producida por Helena, que conxuga danza, teatro, performance, cinema en directo e instalación visual.

Helena tamén actúa na peza e ten como compañeiras de reparto a actriz e performer Iria Sobrado e a performer e artista visual Ana Gesto. A música orixinal está composta por Atzi Muramatsu, compositor xaponés afincado en Reino Unido. O apoio de cinema está gravado polo director de cine Marcos Montiel, e os apoios da kinect (sensor de movemento) e iluminación son levados polo colectivo técnico-artístico MOM. Os carteis son de Paulina Funes e a fotografía de Alberte Peiteável. A obra é accesible, contando con tradución de signos simultánea e audiodescrición, e está conformada de maneira que respecte a audiencias con epilepsia e ansiedade.

O espectáculo ten tamén o selo Green Theatre, sen xeración de plásticos, reciclaxe ou elementos orgánicos e biodegradables no espazo escénico, no vestiario e no proceso de ensaios. Tanto o elenco como a coprodución son internacionais, tendo como foco creativo Galicia e a súa conexión con outras linguas e autores como Beckett, e planean levar o espectáculo a Escocia e Irlanda.

A estrea do venres, ás oito da tarde, está programada pola Deputación da Coruña, e irá seguida dunha conversa posfunción moderada pola xestora cultural Sabela Mendoza. A entrada é gratuíta, previa reserva de convite.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!