Casilda García Alfaro recibe o Premio Xograresa de Outono 2021

Casilda Alfaro. Foto: Diego Seixo

A actriz e activista cultural Casilda García Alfaro acaba de recibir o máximo galardón do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2021, que organiza a entidade Telón e Aparte.

Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos

Xosé Manuel Pazos

A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central.

Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro

Xosé Manuel Pazos, Antón Lamapereira e Alba Cordeiro

Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal.

Rosa E. Gantes gaña o II Prémio Platta de Teatro Breve – Portugal

RosaGante

A canguesa Rosa E. Gantes acada o II Prémio Platta de Peças Curtas de Teatro – Portugal 2020 coa obra Reencontro. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.   O xurado – formado pola actriz Josefa Barreiro, o dramaturgo Ricardo Correia […]

‘Na butaca’ chega a Cangas cunha función especial no día Mundial do Alzheimer

nabutacapiano

O sábado 22 ás 21h, o Auditorio Municipal de Cangas acollerá unha función teatral ben especial de Na butaca [fantasía nº3 en dor Maior], de Esther F. Carrodeguas, pois por unha banda, coa peza Concello de Cangas quere conmemorar o Día mundial do Alzheimer e por outra, trátase dunha función especial, xa que se realizará […]

Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)

NaButacaCangas

Un fondo sen pozo | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Foto Estudio |   Non engadir trauma ao trauma: esta é a dimensión do monólogo escollida para representar unha enfermidade que segue sendo un enigma. E non se trata tanto de revelar ese enigma como de internarse no que podería ser habitar o esquecemento, […]

Pregón da 35ª Mostra de Teatro de Cangas, por Eduardo R. Cunha “Tatán”

PregonTatan

Para que che inviten a ser pregoeiro da Mostra de Cangas tes que ser alguén importante e hai pouca xente tan importante como Eduardo R. Cunha “Tatán”. A asociación entre a Mostra e Tatán é, daquela, unha alianza importante á que a erregueté –por suxestión de xente importante– non podía permanecer allea. Reproducimos aquí o […]

Unhas poucas picadelas

picadelas

O peso dos roles de poder e a violencia de xénero no matrimonio Afonso Becerra de Becerreá     Ben está o risco de asumir asuntos espiñentos e complicados de tratar na escena. Ao pouco de comezar, Unhas poucas picadelas convértese nunha pedra gris que pesa sobre a atmosfera de traxedia. O palco amósanos unha […]

Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’: “Nós, como Tanxarina, seguimos sendo uns románticos”

Tatán03

Tanxarina vén de recibir un diploma de recoñecemento da Asamblea Legislativa de la República de El Salvador –país que visitaron a finais de xullo- e do festival Fit-Ocelot, na categoría de “Traxectoria internacional”, polos seus máis de 30 anos de traballo. Con este motivo, recuperamos esta entrevista publicada no número 96 da edición en papel […]