A confrontación do ser humano como punto de partida para o cambio

Confrontación

Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira escriben sobre o Festival Internacional de Teatro É-aqui-in-Ócio e os espectáculos que viron na súa última edición, celebrada en Póvoa de Varzim entre o 22 de setembro e o 2 de outubro deste ano.

Feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas de Freixo de Espada à Cinta

Foto Freixo 2 scaled

Nesta feira participaron tres compañías galegas e a súa presenza foi extensa e intensa. A programación incluíu a presentación de espectáculos de compañías portuguesas, galegas e do resto do estado español e tamén de Venezuela.

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

‘Relato para un incendio’, de Ernesto Is, é o proxecto seleccionado na Bolsa de Dramaturxia da AGADIC

Ernesto Is

A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. ‘Relato para un incendio’, o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro

Xosé Manuel Pazos, Antón Lamapereira e Alba Cordeiro

Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal.

Adeus ao ‘Alcalde do Teatro’: morre Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos

Home de teatro, o pasamento de Xosé Manuel Pazos Varela deixa un gran baleiro nas artes escénicas de Galicia. Tradutor, dramaturgo, produtor e mesmo actor, foi fundador da MITCF de Cangas e de Teatro de Ningures, ademais dun referente da actividade cultural da vila do Morrazo, da que foi o seu alcalde.

A erregueté presenta o número 99

Portada da Erregueté número 99

A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.

VI Festival de Fazedores de Artes ‘Dos Modos Nascem Coisas’

Kopinxas. Trans(h)umância

A Asociación Cultural AlbergAR-TE organizou durante os días 11, 12 e 13 de setembro en Albergaria-a-Velha a sexta edición deste evento dedicado á música, cinema, exposicións, teatro, circo contemporáneo e danza. | Antón Lamapereira e Xoán C. Riobó |   Nesta ocasión e debido a pandemia Covid19 a organización do Festival seguiu as normas sanitarias […]

Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo

diaz pardo e seoane

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo, unha figura transcendental na historia do país. Queremos lembralo con este texto en que Manuel Lourenzo –a quen agradecemos a súa xenerosidade– revela algúns dos elos que o ligaron ao nacemento do teatro profesional galego. | Texto: Manuel Lourenzo |   Na década dos sesenta […]

José Domínguez Bueno gaña o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León

Jose Dominguez Bueno

José Domínguez Bueno vén de acadar o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Voces en el limbo. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. | Foto: Paul Márquez |   O xurado –formado por María […]

Presentación de ‘Teatro de Pintor’, de Xosé Vázquez Pintor

Vazquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor presenta hoxe, ás 20:30, no salón de plenos de Cangas, o seu libro Teatro de Pintor. O autor estará acompañado polo alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos, o dramaturgo Manuel Lourenzo, o mestre Antón Lamapereira e o artista Camilo Camaño Xestido. A obra literaria de Vázquez Pintor é eminentemente poética, […]

Pregón da 35ª Mostra de Teatro de Cangas, por Eduardo R. Cunha “Tatán”

PregonTatan

Para que che inviten a ser pregoeiro da Mostra de Cangas tes que ser alguén importante e hai pouca xente tan importante como Eduardo R. Cunha “Tatán”. A asociación entre a Mostra e Tatán é, daquela, unha alianza importante á que a erregueté –por suxestión de xente importante– non podía permanecer allea. Reproducimos aquí o […]

Quen somos?

A Revista A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. A revista está editada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro, Entre Bambalinas. A liña editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo marcada pola independencia, a […]