Ártika Cía estrea ‘A illa da deslembranza’

A illa da deslembranza scaled

A peza estará en cartel os venres 18 e 25 de febreiro ás 20:00 horas; os sábados 19 e 26 de febreiro tamén ás oito da tarde, e os domingos 20 e 27 de febreiro de 2022 ás 18:00 horas.

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Ragazzo’, da nova compañía Barrosanta

Trátase dunha peza reivindicativa con texto de Lali Álvarez, dirixida por dirixida por Xavier Castiñeira e protagonizada por Anxo Outumuro, na que Violeta Martínez asina a iluminación e Diego Chamizo a axudantía de dirección.

A Sala Ártika acolle a sétima entrega do festival Pequeártiko

caixa de mistos

Nesta ocasión acolle 24 funcións de teatro de obxectos e marionetas, musicais e clowns dirixidos ao público familiar. Despois do arranque esta fin de semana, a programación da sala viguesa estenderase ata o día 30 de decembro.

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Fogo-fátuo’, da compañía portuguesa Tremor Teatro

f´ogo-fátuo

A peza proponse pensar o valor, a importancia e o lugar que o café ocupou na vida de portugueses, españois e brasileiros, así como a súa contribución para a creación das relacións e vínculos comunitarios.

Cámara Negra Teatro estrea ‘Repóker de ases’ na sala Ártika

Repóker

Repóker de ases é un canto á amizade e un berro de odio desgarrado cara os opresores do pobo. Drogas, punk e Rock and Roll para despedirse dos soños que tivemos, dos amigos e de todos aqueles miserables que esnaquizaron as vidas de millóns de seres humanos. Un solo escénico de Paco de Luna, con música de Jasio Velasco e dirección de Álvarez-Ossorio.

A Sala Ártika consolidase cunha ampla programación para o último semestre de 2021

12 UVAS 2 MULLERES E 1 OLIVA 2

Cultura quente para tempos fríos é o lema da programación que a Sala Ártika de Vigo prepara para o último semestre do 2021. Trinta e tres compañías pasarán sala, situada na rúa Beiramar en Vigo e que traerá á cidade 75 representacións.

Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika

Ártika

A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h.

VI Festival Pequeártiko: un Nadal para os máis pequenos na Sala Ártika de Vigo

Festival Pequeártiko Migallas Teatro Contos nas orellas

A sexta edición do Festival Pequeártiko arranca o día 19 de decembro ata o 3 de xaneiro e contará con nove espectáculos para os máis pequenos e público familiar.

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo

Diablo en la playa | Matarile

Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e  Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.

Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

Cambio de Foco | CDG e Sala Ártika

En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.

A sala Ártika de Vigo comeza a temporada co I Festival Comediártiko

Aladino2

A sala Ártika de Vigo reabre, despois do parón obrigado pola pandemia, co I Festival Comediártiko, que se desenvolverá ao longo do mes de setembro e a primeira semana de outubro, e que contará con cinco compañías galegas: Talía Teatro, Chévere, Mofa e Befa, Teatro Avento e Enconarte Producións.   O festival, dedicado á comedia, […]

A Compañía IO estrea o seu último espectáculo na sala Ártika de Vigo

EspidaIO

A compañía IO estrea, o vindeiro xoves, 6 de febreiro, na sala Ártika de Vigo, un novo espectáculo, Espida. A obra seguirá en cartel na mesma sala o venres 7 e o sábado 8, sempre ás 21:30.   Interesada na investigación das posibilidades do novo circo, a compañía procura, nesta peza, un diálogo entre diferentes […]

Este Nadal, teatro para os máis cativos na sala Ártika de Vigo

MagoDeOz

Na sala Ártika de Vigo, do sábado 21 ao martes 31, terá lugar o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, unha mostra con obras teatrais pensadas para os máis pequenos. Este ano, a sala presenta sete obras divertidas e familiares. Do sábado 21 ao martes 24 ás 12:00 e ás 18:00, poderá verse O mago de […]

A Agadic impulsa os novos espectáculos de 28 compañías a través das súas axudas á creación

Alma de tigre © Vanessa Rabade 2 scaled

cómpre sumarlle o proxecto beneficiario no apartado de actividade escénica de carácter plurianual. A través desta última categoría, procúrase facilitar unha planificación a medio prazo das actividades das compañías. Desta volta, Elefante Elegante é a única adxudicataria desta modalidade.

Antón Coucheiro estrea ‘Home, comedia deconstruída’ en Vigo

Home Anton Coucheiro scaled

A peza poderá verse dentro da segunda edición do festival Artiklown.

A Agadic resolve as subvencións para a modernización e xestión sustentable de espazos escénicos

Butacas

As destinatarias destas axudas son as entidades xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes da Administración local, situadas en 29 concellos das catro provincias.

Juancho Gianzo: “Matarile está tendo unha boa aceptación, pero a min gustaríame o que é xusto o meu traballo: conseguir que todo vaia a mellor”

Foto Juancho Gianzo.Erregueté scaled

Tiven a sorte de falar con Juancho Gianzo (Santiago de Compostela, 1980), durante o tempo de ensaios do novo espectáculo de Matarile, e puiden así falar con el de aspectos que, se cadra, teñen que ver co que acontece máis alá do palco, e que resultan imprescindíbeis para que unha produción poida chegar ao escenario.

A compañía VAIEMBORA estrea en Vigo ‘Cariño’

ALBERTE BELLO 04 scaled

A primeira peza da compañía estará na Sala Ártika os días 19, 20 e 21 de novembro e trátase dunha coprodución co Centro Dramático Galego.

Desafíos e liñas de acción das artes escénicas galegas

Xornadas Profesionais de Escena Galega

Crónica das Xornadas Profesionais de Escena Galega, celebradas o 14 de outubro en Carballo, dentro do marco do FIOT, na que se recollen tamén as conclusións das mesas de traballo.

Los abrazos huecos

Abrazos

Los abrazos huecos estreouse en Bos Aires no 2019 e chega a España neste 2021 marcado pola pandemia, nunha sala Ártika de Vigo aberta xa ás novas medidas de aforo. A “distancia de seguridade” non é máis ca unha metáfora da distancia que nos separa un/hxs dxs outrxs, facendo imposible a verdadeira, íntima comunicación. Esta é a teima que presenta Smith, enganchado a unha relación morta dende o comezo, demandante dunha atención que nunca vai chegar dende o outro (en masculino, xa que a relación é entre dous homes). Unha e outra vez repite a súa necesidade de comunicación, de saber que lle pasa ao seu mozo, de que lle fale, pensando que acaso así a súa relación volverá a coller azos. Atención, spoiler: non.

Festina Lente

Festina Lente

Máis aló de todas as interpretacións posibles, o bo traballo dramatúrxico de Festina Lente permite saber con certeza que hai un desexo: Sentirse no mesmo espazo e compartir vibras. En varias ocasións elas deixan de estar xuntas. Por exemplo, a mediados da peza a luz treme, unha se separa e a outra impídello, da man, e parece que ningunha sabe onde están, impedindo que a dinámica que construíran continúe, algo vai mal e se escoita un son branco estrano e un pouco incómodo. Logo todo volve a ser como antes, festivo, con movementos de cadeira marcados, certo descontrol, etc., pero, continuando co ciclo, se dá un novo impedimento, e robotízanse lixeiramente, segméntase o corpo aínda enérxico, e volven a darse de conta de que están separadas e deben procurarse e darse a man, o cal semella unha tarefa imposible. Por sorte, moitas veces puideron disfrutar a unha da outra, case de xeito ritual, mostrando un ensaio teórico-escénico sobre a experiencia de estar xunto a outres, experimentando pola quinosfera propia e allea.

Os espectáculos culturais amplían aforos até o 90% este sábado

Vigocultura

Os recintos interiores como ao aire libre, poderán ampliar a capacidade de público do 75 ao 90% de aforo

A contenda do río Miño

entremes CDG1

A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.

Teorema

Teorema

Os nosos sentidos son permanentemente excitados durante o espectáculo por unha enorme variedade de estímulos: o impacto sonoro e lumínico, o xogo coas sombras, as texturas dos materiais e a saturación visual dun espazo que fica coma unha instalación artística (tanto así que xs mesmxs xestorxs da Sala Ártika propuxeron unha viaxe física polo espazo ao público, unha vez rematada a peza). Dentro desta variedade de estímulos, o corpo do bailarín, que se move máis que baila, nunha sucesión e repetición de xestos que falan da desestruturación que procura o artista (e da súa influencia polo dramaturgo e profesor Roberto Fratini), imprimindo no seu corpo as mesmas preguntas que fixeron comezar esta viaxe: Que é a conciencia? Que é a materia? Que é a carne e cal é a súa complexidade? Como se articula na mesma a memoria?

Por favor, ténteo novamente máis tarde

Por favor ténteo novamente máis tarde

AveLina Pérez e Daniel Casquero forman unha parella que xoga tanto a tensión da atracción como a da repulsión. Son, na escena, dous universos que non chegan a tocarse, pero que sempre presentan unha liña de conexión. Malia que presenten dous espazos separados, poden estar a contar o mesmo. Ou poden contar cousas diferentes, estando sentados nun mesmo sofá, que aínda así, os presenta como separados por mil quilómetros.