Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á […]

'Bailador'. Foto Óscar Cobos.

Óscar Cobos estrea ‘Bailador’ con música de Berrogüeto

‘Bailador’ é un espectáculo de danza galega contemporánea baseado nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rende homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada. A danza de raíz galega mestúrase con outras linguaxes do movemento, para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de entender o son da nosa terra.

Producións Teatrais Excéntricas estrea ‘O porco de pé’, a partir do texto de Vicente Risco

O elenco da montaxe está formado por  Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Detrás da arte plástica da peza está Carlos Alonso; no mundo sonoro, Piti Sanz; na luz, Octavio Mas, e na dramaturxia Pepe Sendón e Quico Cadaval. Na parte gráfica, están Javier de la Rosa no deseño, Sabela Eiriz na fotografía e Natasha Lelenco no vídeo.

Emigrantas

Emigrantas

Son as emigrantas mulleres que deciden o seu destino? Cales son os seus motivos para marchar? Que procesos de acollida, integración e aculturación lles suceden na actualidade? Que significan as estatísticas, as porcentaxes e a abalancha de datos que nos achegan sobre a última emigración? Queremos pensar Galicia interterritorial xuntas. As que estamos fóra e as que permanecemos dentro. As que saímos ou as que retornan. 

Mapa | Colectivo Glovo

Mapa

O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.

Presentación en Lugo da Biblioteca de Teatro de Kalandraka coa compañía Chévere

Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en Donostia, despedirase a comezos de 2019 superando as 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas, con asistencia de máis de 30.000 persoas, converténdose nun dos espectáculos galegos máis visto e […]

Anxo Manoel, de Lucecús: “Tentamos facer teatro social en clave de comedia”

| Vanesa Sotelo |  | Foto: Brian Rodríguez Cortiñas | A compañía Lucecús estrea hoxe no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, Logos, a súa última produción. Formada por Isa Herrero, Anxo Manoel e Rubén Pérez, a compañía volve a apostar pola dirección de Santiago Cortegoso e incorpora ao equipo artístico ao actor Borja Fernández para […]

Romeo

Giuletta retuiteada | Camilo Franco |   Os románticos, cando os había, fixeron un monumento disto: do amor ausente. Algo diso pasou á música lixeira e desde aí permanece colgando na cultura popular. En boa parte da cultural popular o amor é o contrario dos cartos, pero en realidade, o amor e os cartos compórtanse […]