O Auditorio Municipal de Cangas levará o nome de Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos

Esta distinción une o nome do exalcalde ao do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela.

Presentada unha iniciativa para nomear ao Auditorio Municipal de Cangas como ‘Xosé Manuel Pazos Varela’

Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela

A proposta, impulsada pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC, presentouse esta mañá no Concello da vila do Morrazo.

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas

Amantis Rebordelos

‘Amantis’ indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

A Mostra de Cangas dá a coñecer o programa da súa 39ª edición

RODAPRENSA39MOSTRA01

Durante 16 días, do 24 de xuño ao 9 de xullo, a vila de Cangas acollerá teatro, danza, coloquios, presentacións, performance e exposicións

Un novo ‘Circo de Nadal’ estréase en Cangas

Circo de Nadal 2

Trátase dun novo formato da peza da compañía La fiesta escénica, que cumpre 25 anos de traxectoria.  A función, dirixida ao público familiar, encádrase dentro dunha xira por Galicia dunha nova adaptación deste espectáculo que xa percorreu diferentes lugares do mundo.

‘El viento es salvaje’, Premio do Público da 38º MITCF de Cangas

El viento es salvaje

El viento es salvaje conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada.

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

Anxo Manoel

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti.

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

38 MITCFC

O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.

Fran Sieira estrea ‘DeMente’ en Cangas polo Día Internacional da Danza

Demente de Fran Sieira

DeMente, da compañía de danza Fran Sieira, estréase mañá xoves 29 de abril, Día Internacional da Danza, no Auditorio Muncipal de Cangas do Morrazo. A peza é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto, cunha duración de 60 minutos. DeMente

Compañía Eléctrica estrea ‘Aibō’ en Cangas

Aibo

Será mañá, sábado 27 de febreiro, ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal. Trátase dunha fábula moderna o para público familiar inspirada na Carapuchiña Vermella.

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

A Creación do Anticorpo

O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.

Cangas presenta a súa programación de outono 2020

Microperspectivas dun marica millenial | Incendiaria

O Concello de Cangas vén de presentar o programa cultural para este outono. Teatro, música e cine conforman a oferta do Auditorio Municipal de Cangas para os meses de setembro a decembro entre a que se atopa a estrea adiada de Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria en co-produción co Centro Dramático Galego.   Ibuprofeno […]

A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición

mostracangaspremios

Quico Cadaval recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral e Mercedes Oliveira, o Premio Mulleres en Acción. | Foto: Pro Light Estudio|   A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila do Morrazo do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 […]

As mostras de teatro de Cangas e Ribadavia celebraranse en xullo

donabarrigaverde02

As dúas grandes citas teatrais do verán galego celebraranse con restricións: serán edicións limitadas, moi vencelladas á rúa e cun marcado protagonismo do teatro galego, pola dificultade para mover elenco internacionais e como forma de apoio ás compañías do país.   A 37ª Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrarase, finalmente, entre os […]

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’

MicrospectivasMaricaMillenial02

A compañía Incendiaria estrea este sábado 14 de marzo ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo o espectáculo Microspectivas dun marica millennial. Davide González protagoniza esta peza unipersoal creada en co-produción co Centro Dramático Galego que afonda na memoria desde a música ao vivo e as artes do movemento.   Microspectivas dun marica […]

A Mostra de Cangas amplía súa 37ª edición ata os 15 días

CartazCangas2020

A pintora e ilustradora Luz Beloso é a creadora do cartel da XXXVII MITCFC, que se presentou onte no Auditorio Municipal. | Foto: Pro Light Estudio |   O venres 26 de xuño arranca a 37 edición da Mostra, que se prolongará ata o sábado 11 de xullo. Serán en total 15 días nos que […]

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuacións e 18 estreas até xuño

Omelnoncaduca02

O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca hoxe en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza Mercedes mais eu, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón. | Foto: Diego Seixo (O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro) |   A Rede Galega de Teatros […]

A exposición ’30 Anos do Teatro do Morcego’, en Cangas, prorrógase até fin de mes

Un dos grandes atractivos da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que vén de rematar hai escasamente trece días na súa trinta e seis edición, foi a exposición adicada ao aniversario da creación da compañía teatral Teatro do Morcego. A convocatoria de recordo, baixo o título de 30 anos do Teatro do […]

Récord absoluto de público na XXXVI Mostra de Teatro de Cangas

donabarrigaverde02

As obras do Auditorio acadaron unha ocupación media do 90%.   A 36 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) pechouse cun récord absoluto de participación. Entre o 28 de xuño e o 6 de xullo, unhas 12 mil persoas asistiron como público nos espectáculos programados en diferentes prazas, rúas e espazos […]

O pregón de Quico Cadaval abre hoxe a 36ª Mostra de Cangas

Arlequina02

A edición deste ano presenta máis de vinte espectáculos, entre os que se contan cinco estreas absolutas e cinco estreas en Galicia.   Despois da homenaxe a Enma Pino celebrada onte, hoxe arranca a programación da da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente […]

A Mostra de Cangas arranca hoxe cunha homenaxe a Enma Pino

EnmaPino2

A XXXVI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas arranca hoxe coa programación paralela de “Mulleres en Acción”, que se abre cunha homenaxe á pianista e compositora Enma Pino, finada en 2014. Será no Auditorio municipal a partir das 19:30 e estará presentado pola directora da Mostra, María Armesto. Enma Pino foi unha activista […]

A Mostra de Cangas e o Singlot estrean conxuntamente ‘La Gran Ofensa’

LaGranOfensa

Os festivais acordaron tamén a programación en Cangas e Sant Feliu de Guíxols do espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos, de Quico Cadaval.   O ano pasado, A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o Singlot Festival de Sant Feliu de Guíxols (Girona) uníronse en favor da defensa do humor e […]

Comeza en Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo

Citeamor2019

O martes 2 de abril arrinca no Auditorio Municipal de Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) cun programa que, agás o 16 de abril, se desenvolve todos os martes ata o 4 de xuño. O pregón inaugural correrá a cargo da actriz moañesa Antía Costas ás 20.15 horas para continuar coa […]

O artista gráfico Luís Davila crea o cartel da XXXVI Mostra de Teatro de Cangas

PresentacionCartazCangas

A vila morracense acollerá entre o 28 de xuño e o 6 de xullo un gran número de espectáculos cómicos e festivos para todos os públicos.   O venres 28 de xuño arrancará a 36 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Ata o 6 de xullo, o Auditorio Municipal, […]