O CDG estrea a súa nova produción, ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, de AveLina Pérez

275252163 10160160139383322 2923845971210508936 n 2

A peza estará en cartel no Salón Teatro ata o día 1 de maio, con funcións os xoves, venres e sábados ás 20.00 horas, e os domingos ás 18.00 horas. Ademais, os mércores 20 e 27 de abril haberá funcións descontraídas ás 18.00 horas. 

O CDG e AveLina Pérez estrean ‘ECO’, unha peza inspirada nas mensaxes que deixaron os presos da Guerra Civil no Mosteiro de Oia

Estrea ECO 1

Haberá tres funcións ao longo da tarde de hoxe, cunha cabida total de 90 prazas e para as que xa non quedan entradas dispoñibles.

AveLina Pérez reanuda a programación en Ensalle con ‘A que non podes dicir cocacola?(II)’

Avelina Pérez de nena

A estrea de A que non podes dicir cocacola? (II), de AveLina Pérez retoma a programación en Teatro Ensalle. O espectáculo que onte se presentou na sala viguesa e que poderá verse ata este domingo 20 de setembro, abre unha nova tempada que inclúe compañías como Teatro Ensalle, Diego Anido, Marta Alonso Tejada e o […]

AveLina Pérez participará no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid

Candinsky

AveLina Pérez participará na terceira edición do Torneo de Dramaturxia organizado polo Teatro Español. O 17 de maio enfrontarase a Roberto Santiago nesta peculiar competición que xorde dunha idea orixinal de Jordi Casanovas para o Festival Temporada Alta. En anteriores edicións deste torneo participaron Santiago Cortegoso e Clara Gayo. Autora de obras como Gañaremos o pan coa […]

AveLina Pérez estrea ‘Deixa de tocala, Sam’ no Teatro Ensalle de Vigo

O Teatro Ensalle de Vigo remata o ano coa xuntanza en escena de dous creadores moi singulares: AveLina Pérez, actriz e dramaturga que xa coñecemos en Ensalle e Velpister, pianista que estará por primeira vez na sala. A calidade e sensibilidade musical de Velpister será unha sorpresa para algún dos espectadores da sala, mentres que o […]

AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María

AvelinaPaula

Ambos os galardóns entregaranse o domingo 2 de decembro en Pontevedra no marco da feira Culturgal. O xurado resolveu deixar deserto o XII Barriga Verde de textos para monicreques   Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o máis lonxevo […]

Ernesto Is entrevista a AveLina Pérez

AveLinaPérez

“Non existe a arte sagrada, non podemos pretender ser a hostia” “Ave–Lina. Con dúas maiúsculas”. A contundencia coa que me recorda –ao xeito dunha personaxe de cinema negro– escribir correctamente o seu nome artístico é a mesma coa que AveLina Pérez (Sta. María de Oia, 1969) se abre paso na escena galega nestes últimos anos. […]

Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente

Candinsky

Un xurado composto por Iria Azevedo (actriz), Melania Cruz (actriz), Roi Vidal (dramaturgo e premiado na edición anterior), Roberto Pascual (Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, en calidade de secretario) e María Touza (Concelleira de Cultura, en calidade de Presidenta), resolveu conceder por maioría o 13º Premio Abrente de Textos Teatrais, ao texto titulado: O […]

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

CDG

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

Marta Pazos e Cándido Pazó dirixirán as novas producións do Centro Dramático Galego

Centro Dramático Galego

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos nunha nova aposta pola dramaturxia galega contemporánea e polos clásicos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, ao abeiro dunha convocatoria que se anunciará este venres día 16 no Diario Oficial de Galicia, e un investimento de case 600.000 euros.

A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos

Colección DiTeatro

A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio.

Por favor, ténteo novamente máis tarde

Por favor ténteo novamente máis tarde

AveLina Pérez e Daniel Casquero forman unha parella que xoga tanto a tensión da atracción como a da repulsión. Son, na escena, dous universos que non chegan a tocarse, pero que sempre presentan unha liña de conexión. Malia que presenten dous espazos separados, poden estar a contar o mesmo. Ou poden contar cousas diferentes, estando sentados nun mesmo sofá, que aínda así, os presenta como separados por mil quilómetros.

‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, a estrea máis esperada nesta Semana Santa

as oito da tarde cando morren as nais elenco CDG

O espectáculo estará en cartel en Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño polos concellos de Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja e Coímbra.

‘História da Dança’, ‘República Sideral’ e ‘Ese silencio’ entre os nomeados nos Premios do Libro Galego

Premios Follas Novas

Máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns.

Primeiras imaxes de ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ a nova produción do CDG

Ás oito da tarde CDG

Nas primeiras imaxes facilitadas polo Centro Dramático Galego podemos ver a impactante parte plástica de cores contrastadas e ton subrealista, un traballo escenográfico de Blanca Añón  e vestiario de Pier Paolo Álvaro.

Marta Pazos volve á ópera dirixindo ‘Alexina B’ no Liceu de Barcelona

Marta Pazos

‘Alexina B.’ é un dos principais proxectos que Marta Pazos afrontará esta tempada, na que tamén sumará novas direccións como ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ do CDG.

O CDG estrea a ‘A peste’, a súa nova produción, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Camus

Residencias Cruzadas CDG

Estará en cartel no Salón Teatro ata o 13 de marzo, con funcións os mércores, xoves, venres, sábados e domingos.

A contenda do río Miño

entremes CDG1

A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Ernesto Is scaled

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Ultimamente non leo moito teatro

Día Mundial do Libro

O Día do Libro non é o Día do Teatro. Porque xa hai un día que é o Día do Teatro. O Día do Liro tampouco é o Día da Poesía, porque xa hai un día que é o Día da Poesía. O Día do Libro é o Día da Novela. Os libros son novelas. Cando a xente le, ou fala de ler, refírese a que le novelas. Ou nin iso. A xente di ler libros cando en realidade len manuais de autoaxuda para perder peso. Como moito unha biografía ou un ensaio.

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Premio Abrente

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

Vinte e case non dou creto (parte I)

Auditorio Municipal de Vigo

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Presentadas as ‘Dramaturxias Itinerantes’ de 2020

Dramaturxias Itinerantes

As dramaturgas seleccionadas nesta tercera edición foron a galega Clara Gayo e a portuguesa Cláudia Lucas Chéu, dúas autoras nadas na década dos anos setenta que presentaron dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir. 

V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG

2020 Xorn Lit Dram

Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]