Diablo en la playa | Matarile

El diablo en la playa

Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.

Diablo en la playa | Matarile

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo

Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e  Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.

Juancho Gianzo: “Matarile está tendo unha boa aceptación, pero a min gustaríame o que é xusto o meu traballo: conseguir que todo vaia a mellor”

Tiven a sorte de falar con Juancho Gianzo (Santiago de Compostela, 1980), durante o tempo de ensaios do novo espectáculo de Matarile, e puiden así falar con el de aspectos que, se cadra, teñen que ver co que acontece máis alá do palco, e que resultan imprescindíbeis para que unha produción poida chegar ao escenario.

A lingua das bolboretas Sarabela

A lingua das bolboretas

Con A lingua das bolboretas, Sarabela continúa unha liña de propostas baseada na adaptación ao teatro de textos narrativos, como poden ser o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, a Viaxe a ningunha parte de Fernando Fernán Gómez, A esmorga de Blanco Amor ou O lapis do carpinteiro, do mesmo Manuel Rivas, autor tamén d’A lingua das bolboretas. É esta unha liña que converxe, porén, con outras propostas teatrais máis clásicas (Shakespeare, Cunqueiro, Lorca, Calderón) e anovadoras (Lagarce, Mrózek, Nöstlinger, Arístides Vargas), sen esquecer o teatro infantil.

Pé de Pedra

Matarile Teatro presenta a web do Festival En Pé de Pedra

A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño libera 1077 imaxes e 630 documentos PDF das doce edicións nas que se desenvolveu o festival internacional de danza en Compostela, convertendo o sitio web nun dos arquivos en liña máis importantes das artes escénicas contemporáneas de Galicia.   O desaparecido Festival Internacional En Pé de Pedra, organizado […]