Sobresida a causa contra Carlos Santiago

Sobresemento da causa contra Carlos Santiago

Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito.

Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, por Carlos Santiago

theatre1179752

| Texto: Carlos Santiago |   Ser libre non é fácil. Menos en tempos nos que os fantasmas da longa noite son acirrados aquí e alá para espallar o medo e a sospeita e endurecer de novo as olladas e os corazóns da xente que ao lonxe espreita. Parece así que a vella idea da […]

Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro

CARLOS SANTIAGO Ladiapo

| Foto: LaDiapo |   O dramaturgo e actor Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, texto que lerá durante a gala dos Premios de Teatro María Casares que neste 2019 se celebrará o vindeiro xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A Xunta Directiva da Asociación de […]

O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago

Carlossantiago

O Manifesto A prol do Apóstolo Santiago recolle sinaturas en solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago tras os ataques recibidos despois de protagonizar o pregón do Entroido en Compostela. Centos de persoas e colectivos da cultura de Galicia e Portugal xa asinaron o documento, que se suma aos diferentes comunicados publicados en apoio á liberdade de expresión […]

O mundo cultural e teatral portugués solidarízase con Carlos Santiago

Carlossantiago

Máis dun cento de personalidades do teatro e, en xeral, da cultura de Portugal fixo público un comunicado no que manifestan a súa solidariedade con Carlos Santiago tras os ataques do que está sendo obxecto despois de protagonizar o pregón de antroido, no que representou un dos seus personaxes máis populares, o propio apóstolo Santiago. […]

A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago

CarlosSantiagoARamos

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago despois do seu pregón no entroido de Compostela que recibiu ataques “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. A […]

Os profesionais do circo e Escena Galega tamén se solidarizan con Carlos Santiago

pregonsantiago

Nas últimas horas, as asociacións profesionais Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) suman o seu apoio aos xa públicos doutras asociacións. Igualmente, Escena Galega, a asociación de compañías e empresas produtoras, fixo público un comunicado no que se solidariza co dramaturgo e, coma noutros casos, incide no caracter artificial e alentado […]

Outras catro asociacións profesionais fan público o seu apoio a Carlos Santiago

Asociacións

A seguir, reproducimos o comunicado de apoio a Carlos Santiago que veñen de facer público catro asociacións profesionais e que se suma aos manifestos da MITCF de Cangas e de DramaturGA publicados nos días anteriores. Carlos Santiago vén sendo obxecto dunha campaña de acoso tras unha información de El Correo Gallego na que se afirmaba […]

En solidariedade con Carlos Santiago

Carlossantiago

A recente campaña de acoso e ameazas ao dramaturgo Carlos Santiago é vista por quen facemos a erregueté – Revista Galega de Teatro como un intolerable atentado á liberdade de expresión e un elo máis na vaga de ataques á liberdade creativa que vimos sufrindo nos últimos tempos, vaga cuxo fin último non é outro […]

O muro, por Carlos Santiago

tráfico2

| Texto: Carlos Santiago |   Hai un muro entre a Galiza e Portugal que condiciona calquera debate, non só no eido teatral, sobre os seus desexables amoríos. O muro é eminentemente cultural, e para nada ortográfico. Temos, nunha beira do río, un país excéntrico que perde unha e outra vez as oportunidades de definir […]

DramaturGA presenta o libro ‘Cartoturxia incompleta da represión’ en Santiago e Vigo

Cartoturxia incompleta da represión

Este primeiro volume é unha cartoturxia incompleta, pois son moitos os lugares onde en Galicia se exercitou a represión e só un puñado de dramaturgos e dramaturgas para rememorala, pero é un proxecto que está aberto para seguir completándose e nutríndose co achegamento dramatúrxico a outros espazos, para recuperar tamén a súa memoria.

Carlos Alves gaña o III Premio PLATTA de teatro breve

Carlos Alves. Foto Alexandre Alves

O actor, director e dramaturgo, Carlos Alves vén de gañar coa súa obra 13 de Maio o III Prémio PLATTA de Peças Curtas de teatro que desde hai tres anos convoca en galego, portugués e castelán a erregueté. O xurado, formado por Rosa María Gantes, Santiago Cortegoso e Xoán Carlos Riobó, valorou especialmente a súa proposta aberta na que se suxire, máis que indica, unha analoxía entre a festividade da Virxe de Fátima, a orixe simbólica das personaxes con nomes bíblicos e unha aproximación ao conflito de xénero desde unha posición orixinal e poética.

FIOT en pausa outorga a Carlos Alonso o galardón Xograr de Outono 2020

Carlos Alonso

A programación do FIOT en pausa comeza este venres 9 coa estrea da ficción sonora A lúa, válvula de spray, unha coprodución do FIOT escrita por Rosalía Fernández Rial e dirixida por Quico Cadaval, que contará cunha presentación pública propia hoxe, xoves 8, ás 16.00, en Carballo.   A esencia do corazón das artes escénicas […]

Carlos Blanco e Touriñán volven aos escenarios con ‘Unha noite na praia’

noitenepraia08

Percorrerán entre marzo e xuño ao menos nove localidades de toda Galicia na segunda xira dun espectáculo que na súa primeira xira, a pasada primavera, tivo unha sensacional acollida no público, que encheu os teatros con ata dobres e triples funcións.   Carlos Blanco e Touriñán volven á praia. Case un ano despois dunha exitosa […]

Carlos Álvarez-Ossorio: “‘Si esto es un hombre’ é unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano”

Si esto es un hombre 4 1

A destrución do outro (do diferente) como ser humano. Deste xeito, o actor e director Carlos Álvarez-Ossorio, condensa o contido de Si esto es un hombre, espectáculo que mañá a compañía Cámara Negra estrea na Sala Ártika de Vigo (24, 25 e 26 de xaneiro). Falamos con el sobre algunhas claves desta proposta unipersoal que […]

Carlos Blanco e Touriñán volven xuntos aos teatros

Unhanoitenapraia

O espectáculo teatral Unha noite na praia, escrito e dirixido por Javier Veiga, percorrerá as grandes cidades galegas entre os meses de maio e xuño. Logo do éxito de Somos Criminais, que se converteu no espectáculo con máis entradas vendidas na historia do teatro galego, Carlos Blanco e Touriñán xúntanse de novo para ofrecer ao público […]

Os escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso, Premios de Honra da Mostra de Ribadavia

Carlos Alonso

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de concederlles o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” aos escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso [na imaxe], nun ano en que o festival lle outorgará un especial protagonismo á escenografía. Suso Montero traballa tanto no ámbito das Artes Escénicas como no sector audiovisual ou no deseño […]

Santiago Amoukalli

lagartijasauditorio

Insuficiencia do documento   | Manuel Xestoso | | Foto: Tempo de Lecer |   Teatro documental? Podería ser un asunto de xeometría: obrigar a que o plano da realidade e o plano da ficción se crucen nalgún punto e ver se xorde algunha figura nova. Non se trata de ningunha innovación, mais semella que […]

Sarabela convértese na gran triunfadora duns Premios María Casares moi distópicos

Premios María Casares 2021

‘A lingua das bolboretas’ leva o premio ao mellor espectáculo e ‘Os nenos da varíola’ faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

A Gala dos María Casares 2021 emitirase por Internet celebrando o reencontro do sector teatral galego

GalaMariaCasares

A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e serán emitidos en directos a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.00 h. Trece obras compiten en calidade de finalistas polos María Casares.

A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos

Colección DiTeatro

A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio.

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

Anxo Manoel

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti.

Composto o equipo de escrita das pezas do ‘Dramawalker Vite’ de Chévere

Dramawalker Vite

Dramawalker é un proxecto orientado a crear ficcións sonoras xeolocalizadas como memoria viva dunha cidade emprendida polo Centro #Dramático Nacional coa veciñanza de tres cidades españolas. Xunto ao barrio compostelán de Vite, participan nesta primeira edición A Cañada Real de Madrid e O Poblenou de Barcelona.

Evaristo Calvo asina o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro

Evaristo Calvo

O Teatro é unha arte inmortal, escribe Evaristo Calvo no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2021, mais esta arte inmortal ten a sua cara viva no agora, no tempo dos vivos que non somos inmortais. Esta xente de agora, está a soster ferida a arte que a humanidade se deu a si mesma para se recoñecer. As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo.

O FLIV celebra o Día Internacional do Teatro con lecturas dos textos da Erregueté

FLIV

Esta fin de semana desenvolveranse unha trintena de actividades relacionadas coa cultura que se poderán seguir en aberto dende a web do festival e que seguirán estando dispoñibles durante un ano para a súa consulta.