Solos

Solos

Provisional Danza é xa unha compañía coñecida na nosa comunidade. Dirixida pola bailarina e coreógrafa madrileña Carmen Werner, as súas producións veñen aparecendo de xeito recorrente nas salas Ártika e Ensalle de Vigo, onde puidemos ver pezas como El abrazo, Quién eres, Una vez más ou De parte de ella. O selo persoal de Werner como coreógrafa marca unha liña que comunica as diferentes pezas mencionadas. Neste caso, nos Solos propostos por Provisional podemos respirar un aire semellante, mais non tan específico como nas pezas creadas por ela. Respiramos, si, un aire semellante a soidade urbana, envolta en cemento gris, mais matizada polas diferentes miradas dxs tres bailarín/xs que aparecen en escena, xa que cada un/hx delxs é x coreógrafx da súa propia peza.

Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika

Ártika

A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h.

El abrazo

El abrazo Provisional Danza

Acórdaste, da última vez que deches/recibiches un abrazo? O último espectáculo de Provisional Danza, motor creativo da bailarina Carmen Werner, reflexiona sobre o amor e o cariño a través dos corpos de Leyson Ponce e da propia Werner na escena.

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas Afonso Becerra

Que nin a pandemia nin os poderes políticos nos volvan pechar os teatros! Eses lugares de encontro, onde o extraordinario é intensificado. Neste artigo de opinión, Afonso Becerra, director da erregueté | Revista Galega de Teatro, fai balance da reapertura dos espazos para as artes escénicas en Galicia.

Comeza unha nova edición do festival Isto Ferve

ABRAZO720ppp©JuanCarlosToledo 2 1024x683 1

O Teatro Ensalle acolle pezas de Provisional Danza, Elena Córdoba, Cambaleo Teatro, celeste González e Colectivo Glovo.

AveLina Pérez reanuda a programación en Ensalle con ‘A que non podes dicir cocacola?(II)’

Avelina Pérez de nena

A estrea de A que non podes dicir cocacola? (II), de AveLina Pérez retoma a programación en Teatro Ensalle. O espectáculo que onte se presentou na sala viguesa e que poderá verse ata este domingo 20 de setembro, abre unha nova tempada que inclúe compañías como Teatro Ensalle, Diego Anido, Marta Alonso Tejada e o […]

O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo

Sala Ártika de Vigo

O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.   Nononon é un novo espazo de creación e investigación […]

XVI Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo

AntesDEQueLlegueLaBestiaEnsalle

O Teatro Ensalle presentará, ata marzo, un total de seis pezas, catro delas dentro do programa do XVI Festival Isto Ferve: Antes de que llegue la bestia, da compañía Ensalle; Schumann Amateur, da Cía. Rubén Ramos Nogueira; Fäustino VI o 126 Caballos, da Cía. Sergi Fäustino; e Vida y materia – Entreactos – Poemas lentos, da Cía. Antonio Fernández […]

Comeza a 4ª edición de SóLODOS en Danza / Ourense

NachoCarcaba

A 4ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 21, 22 e 23 de novembro. O 24 de novembro o festival estende o programa de formación á Coruña. As actividades terán lugar no Laboratorio […]

XV edición do Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo

UnaVezMasWerner

A XV edición de Isto ferve celebrarase dende o 8 ata o 24 de febreiro. | Foto: Jesús Cabrera |   Con criterios de selección moi semellantes aos do menú habitual da sala, e co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano,o Festival de Teatro e Danza Isto Ferve, organizado polo Teatro […]

Comeza o festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo

Daniel Abreu

Celebrarase dende o 16 de febreiro ata o 4 de marzo e contará coa participación de dous Premios Nacionais de Danza.   O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar ao do menú habitual da sala, e co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano,o Festival […]