Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

Casilda Alfaro

A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio ‘Xograresa de Outono 2021’ do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é “unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)”. Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora “a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país”.

Casilda Alfaro e Adrián Ríos: “Silda & Hadrián é un agasallo de Manuel Lourenzo sobre dúas formas de ver o teatro”

SildaHadrian

Casilda Alfaro e Adrián Ríos presentan este mércores 4 de xullo, ás 00.30, no Salasón, Silda & Hadrián, unha micropeza escrita por Manuel Lourenzo e dirixida por Salvador del Río e na que conflúen dúas xeracións e dúas formas de ver o mundo e o teatro. Conversamos cos dous intépretes do Morrazo para coñecer un pouco […]

Casilda García Alfaro recibe o Premio Xograresa de Outono 2021

Casilda Alfaro. Foto: Diego Seixo

A actriz e activista cultural Casilda García Alfaro acaba de recibir o máximo galardón do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2021, que organiza a entidade Telón e Aparte.

Evaristo Calvo galardoado co Xogrador de Outono do FIOT de Carballo 2022

Evaristo Calvo

O Xogrador de Outono entregarase a Evaristo Calvo durante a celebración da nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo en outubro.

O público premia as marxes na 38ª MIT de Ribadavia

Encontro interxeracional artes escénicas

A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, vén de dar a coñecer que o Premio do Público deste ano foi para ‘Hamlet’, da compañía peruana Teatro La Plaza. Dentro das actividades paralelas, a MIT tamén destaca a relevancia e transcendencia social e profesional que tivo o 1º Encontro Interxeracional de Profesionais das Artes Escénicas de Galicia.

A xornada de clausura da 38ª MIT de Ribadavia céntrase na memoria e no encontro interxeracional

Programación MIT de Ribadavia

Ás 19.30 horas, no patio do Museo Etnolóxico, terá lugar un acto aberto de coloquio con diferentes xeracións do teatro galego, das máis novas ás voces máis expertas.

‘Emigrados’, da Aula de Teatro do Campus de Vigo

'Emigrados'. Aula de Teatro Universitario de Vigo.

O 28 de abril tiven o pracer de asistir á representación de Emigrados, a cargo da Aula de Teatro do Campus de Vigo e dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario, organizada por Teatro de Ningures.
Esta produción está feita a partir de textos perfectamente fiados e que crean unha atmosfera da que o público é participe. O elenco logra manter esa aura dramática con algúns tintes de comedia durante toda a obra e isto pon en valor o necesario e fermoso que é o teatro universitario.

O CDG estrea a ‘A peste’, a súa nova produción, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Camus

Residencias Cruzadas CDG

Estará en cartel no Salón Teatro ata o 13 de marzo, con funcións os mércores, xoves, venres, sábados e domingos.

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

CDG

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

O outono carballés énchese de teatro co inicio do FIOT

FIOT

A trixésima edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) decorrerá entre o 24 de setembro e o 29 de outubro na vila coruñesa. Os bonos do Programa de Sala do FIOT30 poderán adquirirse en Ataquilla.com a partir do martes 28 de setembro ás 10.00 h. 

Sarabela convértese na gran triunfadora duns Premios María Casares moi distópicos

Premios María Casares 2021

‘A lingua das bolboretas’ leva o premio ao mellor espectáculo e ‘Os nenos da varíola’ faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

A Gala dos María Casares 2021 emitirase por Internet celebrando o reencontro do sector teatral galego

GalaMariaCasares

A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e serán emitidos en directos a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.00 h. Trece obras compiten en calidade de finalistas polos María Casares.

Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos

Xosé Manuel Pazos

A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central.

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

O FLIV celebra o Día Internacional do Teatro con lecturas dos textos da Erregueté

FLIV

Esta fin de semana desenvolveranse unha trintena de actividades relacionadas coa cultura que se poderán seguir en aberto dende a web do festival e que seguirán estando dispoñibles durante un ano para a súa consulta.

Rosa E. Gantes gaña o II Prémio Platta de Teatro Breve – Portugal

RosaGante

A canguesa Rosa E. Gantes acada o II Prémio Platta de Peças Curtas de Teatro – Portugal 2020 coa obra Reencontro. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.   O xurado – formado pola actriz Josefa Barreiro, o dramaturgo Ricardo Correia […]

A Mostra de Cangas recibe o VI Premio Fegatea

FEGATEA PremioMostraCangas

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recibiu o VI Premio Fegatea á Animación Teatral dentro do XX Aniversario da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se desenvolveu en Ribadavia. María Armesto e Casilda Alfaro recolleron o sábado 1 de agosto no Auditorio Rubén García o galardón que recoñece o labor incansable […]

Por moito que chova e vente, por Paula Carballeira

PaulaCarballeiraCangas

Publicamos o texto do pregón inaugural da 37 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que Paula Carballeira leu o pasado xoves 9 de xullo. | Texto: Paula Carballeira | | Foto: ProLight Estudio |   A persoa que dá un pregón ten a responsabilidade de transmitir unha mensaxe. É unha mensaxe importante, porque […]

A Mostra de Cangas amplía súa 37ª edición ata os 15 días

CartazCangas2020

A pintora e ilustradora Luz Beloso é a creadora do cartel da XXXVII MITCFC, que se presentou onte no Auditorio Municipal. | Foto: Pro Light Estudio |   O venres 26 de xuño arranca a 37 edición da Mostra, que se prolongará ata o sábado 11 de xullo. Serán en total 15 días nos que […]

O Consello da Cultura Galega publica o informe sobre a situación das traballadoras do sector audiovisual e escénico

34725A39 611D 45C7 864B FCBCA145AD11

O informe constata a desigualdade, a discriminación e os desequilibrios salariais no sector, así como tamén a maior incidencia da temporalidade e as dificultades de acceso ao mundo laboral para as mulleres. Ademais, o informe detecta a existencia de casos de acoso laboral e sexual.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), […]

‘Curva España’ de Chévere, Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño

DC3C995C BC8C 4F0D 8BDE 25F060086457

O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre. Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva […]

Comeza a XXI Mostra de Teatro Universitario de Vigo

MiteuVigo2019

Seis compañías daranse cita a partir do vindeiro mércores 13 de marzo sobre as táboas do Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo na 21ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. A Aula de teatro da USC será a encargada de erguer o pano desta edición da mostra coa representación de A muller […]

Antonio Mauriz gaña o I Premio Platta de Teatro Breve con ‘Amor de corbata’

FiosErnestoIsViana

Antonio Mauriz Martínez acada o I Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Amor de corbata. O texto, escollido entre 23 obras presentadas de gran variedade temática e estilística, será publicado nunha colección especial en galego, castelán e portugués dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. Para esta primeira […]

Unha exposición fotográfica rende homenaxe aos pioneiros en Ourense

ManuelLourenzoPorXulioGil

Preséntase como unha exposición de homenaxe aos actores e actrices de cine, pero calquera afeccionado ao teatro verá os rostros que desfilan polos escenarios galegos dende hai décadas. Hoxe, ás 20:00, inaugúrase no Centro Marcos Valcárcel de Ourense a exposición de retratos de Xulio Gil “O retrato maior do noso cine”, actrices e actores presentes […]

A Mostra de Cangas celebra o seu 35 aniversario

MostraCangas18

A MITCFC arranca o venres 29 de xuño, ás 22.30 horas, co pregón inaugural a cargo de Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’. Mabel Rivera recibirá o premio Xiria ao Labor Teatral.    A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) volve ser, nesta 35 edición, un dos principais referentes nacionais do teatro de […]