CDG teatro inclusivo

O CDG estrea un sistema pioneiro de teatro inclusivo en todas as funcións do Salón Teatro

As persoas con discapacidade visual ou auditiva poden asistir a calquera representación e terán á súa disposición audiodescrición a través de receptores individuais proporcionados polo CDG, interpretación en lingua de signos proxectada sobre as columnas situadas a ambos lados do escenario e subtítulos que poden descargar nos seus dispositivos móbiles.

CDG

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

CDG Entremés

O CDG e a Companhia de Teatro de Braga estrearán ‘A contenda do río Miño’ en Almagro

A través desta coprodución, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga afondan na temática das fronteiras a partir da que marca o río Miño entre Galicia e Portugal, unha das máis antigas de Europa e que representa máis un punto de encontro que de separación. O espectáculo desenvólvese nas tres linguas presentes na copia da peza teatral conservada, escrita en lingua galega, con fragmentos en portugués e anotacións en castelán.

CDG e ESAD de Galicia CDGlab

Nace CDGLab, espazo de formación para o alumnado de arte dramática

Con esta nova iniciativa, o CDG quere converterse nun punto de referencia para facilitar o tránsito do alumnado egresado de Arte Dramática ao mercado de traballo, achegándolle diferentes mecanismos de integración na profesión. CDGLab enmárcase ademais no obxectivo de potenciar o coñecemento da realidade escénica tanto entre os colectivos vinculados ao sector como no conxunto da sociedade.

AGADIC CDG

A AGADIC lanza as axudas á creación 2021 e impulsa unha bolsa de dramaturxia co CDG

Esta semana, coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Teatro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, e os seus órganos depentes, AGADIC e Centro Dramático Galego (CDG), abriu o prazo para que as compañías de artes escénicas soliciten as axudas á creación deste ano, así como unha convocatoria para a recepción de proxectos de escrita dramática coa fin de desenvolver unha dramaturxia que será coproducida polo teatro público. 

O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.

Sala Ártika de Vigo

O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo

O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.   Nononon é un novo espazo de creación e investigación […]

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses

Realizarán estadías artísticas Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.   O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas […]