O obxectivo de NEVERMORE, segundo Xron, é recordar cal foi a catástrofe do Prestige e a crise de xestión gobernamental que o acompañou, así como a resposta cidadá a esa xestión do accidente.
Procurando resultados para: chévere
Composto o equipo de escrita das pezas do ‘Dramawalker Vite’ de Chévere
Dramawalker é un proxecto orientado a crear ficcións sonoras xeolocalizadas como memoria viva dunha cidade emprendida polo Centro #Dramático Nacional coa veciñanza de tres cidades españolas. Xunto ao barrio compostelán de Vite, participan nesta primeira edición A Cañada Real de Madrid e O Poblenou de Barcelona.
Chévere recupera a memoria de Vite co proxecto Dramawalker
Saír dos teatros á procura da memoria urbana das cidades e comunidades de proximidade. Unha experiencia que toma como punto de orixe as artes escénicas, a pegada do teatro radiofónico e o teatro comunitario para explorar as posibilidades das narrativas espaciais ou artes locativas, todas aquelas prácticas nas que o relato se constrrúe en relación a lugares polos que temos que transitar para poder acceder ás distintas partes da historia. Esta é a definición do proxecto Dramawalker que o Centro Dramático Nacional (CDN) vai desenvolver con outros teatros e compañías nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Grupo Chévere e o Centro Dramático Galego (CDG).
Chévere estrea en Vigo ‘As Fillas Bravas e o Mito de Casandra’
A obra poderá verse os días 11, 12 e 13 de setembro na Sala Ártika de Vigo, e xirará posteriormente por Galicia. Chévere estrea esta fin de semana na Sala Ártika de Vigo un novo espectáculo que busca concienciar a poboación sobre o impacto do cambio climático. A obra, titulada As Fillas Bravas e […]
Chévere leva o teatro aos escaparates de Ames
As representacións faranse no exterior e en grupos reducidos para diminuír o risco de contaxio. Chévere volve esta semana ao traballo logo de catro meses de parón forzoso por mor da Covid-19. Farao no concello de Ames con dúas xornadas (venres 17 e sábado 18) durante as que levará o teatro aos escaparates dos […]
‘A viaxe dos Chévere’, de Alfonso Zarauza, xa pode verse na plataforma Filmin
A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza, un documental que repasa 25 anos de historia dunha das compañías de teatro máis combativas de Galicia, pode verse xa na plataforma Filmin. A través dunha mirada moi persoal e poética, o filme narra o desterro dos Chévere, que se viron obrigados a abandonar a mítica Sala […]
‘Citizen’, de Chévere e Kalandraka, gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) fixeron públicas as obras gañadoras da quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Citizen, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría […]
‘Curva España’, de Chévere, inicia a súa xira 2020 en Vigo
Curva España, a nova produción de Chévere, continuará a súa xira durante o ano 2020. Así, no mes de xaneiro o espectáculo poderase ver en Vigo (día 16), Pontevedra (día 17), Lugo (día 19), Ourense (días 24 e 25) e Ames (día 31). Ademais, proximamente a obra viaxará a Eibar e Vitoria. No mes de […]
Chévere deixa de ser compañía residente en Teo
«Isto non é unha despedida. Despois de varios anos traballando no concello de Teo, Chévere deixará de facelo definitivamente neste mes de setembro. Para nós foron anos de traballo moi intenso e de implicación total nun concello que non era o noso, pero que nos acolleu cos brazos abertos. Aquí atopamos persoas, iniciativas e proxectos […]
‘Curva España’ de Chévere, Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño
O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre. Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva […]
Chévere estrea ‘Curva España’ na MIT de Ribadavia
Curva España, a nova produción de Chévere, estréase este xoves 25 na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. O espectáculo poderase ver a partir das 23.00h. no Auditorio do Castelo, e xirará a partir de setembro por diversas localidades galegas. En marzo de 2020, o espectáculo poderase ver en Teatros del Canal (Madrid). […]
Kalandraka anuncia a publicación do ‘Citizen’ de Chévere en xullo
A editorial Kalandraka anuncia para o vindeiro mes de xullo a saída ao mercado de Citizen, da compañía Chévere. Será o cuarto volume da Biblioteca de Teatro, que xa publicou anteriormente Río Bravo, Annus horribilis e outros musicais e Eroski Paraíso. Citizen inspírase no filme Citizen Kane, de Orson Welles, para contar a historia […]
A ‘Curva España’ de Chévere: como se constrúe un país
Curva España é o título da nova produción de Chévere, para a que estiveron investigando os últimos meses. Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local transmitido oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín, […]
Chévere presenta o libro dos proxectos escénicos sementados na Berberecheira
Berberecheira: laboratorio de creación escénica de Chévere é un novo libro publicado por Chévere que recolle os textos de Goldi Libre, de César Goldi, Salvador, de Borja Fernández e de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro. Os tres son espectáculos “sementados” na Berberecheira, xunto a imaxes dos procesos de traballo e das obras e cuns […]
“As fillas bravas” de Chévere contra o cambio climático
As Fillas Bravas, personaxes creados pola compañía Chévere, serán as protagonistas do evento climático organizado este ano no marco do proxecto Descarboniza! Que non é pouco… O espectáculo Bravas fronte ao cambio climático, que contará tamén coa participación do contacontos Celso F. Sanmartín, celebrarase no Teatro Principal o próximo 10 de abril. As Fillas Bravas, […]
Chévere investiga en Verín sobre a “Curva España”
O grupo Chévere desprazarase esta fin de semana a Verín como parte do proceso de documentación para o seu novo espectáculo, Curva España, que se estreará na MIT de Ribadavia no mes de xullo. A curva España está situada na antiga estrada da Gudiña a Verín, e recibiu popularmente ese nome trala morte de José […]
Os tres espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere, en Teo
O Auditorio Constante Liste de A Ramallosa (Teo) acolle esta fin de semana unha mostra conxunta de Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea, os tres espectáculos creados ata o momento dentro da Berberecheira, o laboratorio de creación de Chévere. Ademais, para documentar os traballos realizados ata o momento, Chévere vén de editar o libro […]
Presentación en Lugo da Biblioteca de Teatro de Kalandraka coa compañía Chévere
Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en Donostia, despedirase a comezos de 2019 superando as 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas, con asistencia de máis de 30.000 persoas, converténdose nun dos espectáculos galegos máis visto e […]
Chévere presenta a Biblioteca de Teatro de Kalandraka en Vigo
A editorial anuncia, ademais, a publicación de Citizen neste primeiro trimestre do ano. O venres 18, no Teatro García Barbón, Chévere abrirá a tempada en Vigo de Afundación con Eroski Paraíso, pero un día antes, o xoves 17, integrantes da compañía e da editorial Kalandraka presentarán os tres primeiros volumes da colección Biblioteca de Teatro: […]
Compostela e Teo amosan os espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere
As obras Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea poderanse ver en decembro en Compostela e en Teo en febreiro. | Foto: Olaia Sendón | Os concellos de Santiago e Teo acollerán proximamente senllas mostras dos tres espectáculos desenvolvidos ata o momento no laboratorio de creación do grupo Chévere – A Berberecheira: Goldi Libre, […]
Chévere toma os escaparates de Ferrol contra a violencia machista
Coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, a Concellería de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller do Concello de Ferrol inclúe na súa campaña de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, un proxecto escénico de Chévere que se realizará nos escaparates dos comercios do barrio da Magdalena de Ferrol. […]
Chévere inicia unha nova xira de “I’ll be watching you”
Hoxe, xoves 25 outubro, no IES Terra de Xallas de Santa Comba, Chévere inicia unha nova xira de I’ll be watching you (hei estar vixiándote), unha peza dirixida a público adolescente para denunciar a violencia machista contra as mulleres. A compañía segue a desenvolver o seu teatro con perspectiva de xénero recuperando e actualizando uha […]
Chévere inicia na Coruña a xira de despedida de ‘Eroski Paraíso’
A obra darálle o adeus definitivo ao público cunha xira por distintas localidades galegas, ademais de Madrid, Zamora, Asturias e París. A Ágora de Coruña acollerá este venres 19 a primeira función da xira coa que Chévere despedirá o seu espectáculo Eroski Paraíso, unha obra que se converteu nunha das máis queridas polo público […]
Jorge Coira filma a versión cinematográfica do ‘Eroski Paraiso’ de Chévere
Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de […]
O Río Bravo de Chévere, Premio do Público en Cariño
Case trinta anos despois da súa estrea Río Bravo, de Chévere, segue a colleitar éxitos. A Mostra de Teatro Galego de Cariño, que celebrou este ano a súa cuadraséxima edición, vén de facer público que a súa última encarnación, Rio Bravo 3.1, foi a gañadora do Premio do Público da Mostra. Rio Bravo estreouse en […]