O vindeiro venres 6 de xullo, ás 20:30, presentarase no Pazo de Liñares de Lalín o libro Sen medo ao demo, de Comba Campoi, editado por Dr. Alveiros, un selo editorial da Fundación Vicente Risco. O libro está baseado na tese de doutoramento da autora, O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das […]
Procurando resultados para: comba campoi
Rocío González recolle moi emocionada o Premio Maruxa Villanueva en Padrón
Rocío González amosouse “moi emocionada” durante a súa intervención, que comezou agradecendo ao Concello de Padrón “por terme concedido este premio pero, sobre todo, por seguir apostando polo teatro e axudar dalgunha maneira á nosa profesión, que é ás veces algo precaria.
Comeza o VI Festival Titiriberia en Rianxo
O programa de Titiriberia inclúe dúas grandes estreas nesta sexta edición. A primeira delas chegará o venres 23 de xullo da man de Indignati (Asociación Galega de Commedia dell’Arte) que, coa colaboración na produción da Asociación Morreu o Demo, presentará o seu espectáculo Maldita Máscara, montaxe de Commedia dell’arte que mestura contos, música, acrobacia e máscara. A estrea terá lugar no Pazo do Rianxiño ás 20.30 h. A segunda estrea será ás 21.00 h. no mesmo espazo e correrá a cargo da compañía Babaluva, que dará a coñecer a súa peza Feira de sementes.
Rocío González obtén o XIX Premio Maruxa Villanueva
O xurado valorou “a súa capacidade de crear un personaxe complexo desde a contención no nivel expresivo do personaxe de Ada en Liberto”. Ademais, tivo en conta tamén “o seu compromiso como actriz na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos de moi diverso tipo”.
Titiriberia 2020: o festival de títeres tradicionais comeza en Rianxo
O Festival Titiriberia celebrará a súa quinta edición na vila de Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. Un total de doce funcións conformarán o programa deste ano, no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros.
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
Miguel de Lira obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva
O Concello de Padrón vén de outorgar o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramática. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación […]
Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia
‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ estenderá entre o 9 e o 15 de novembro unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais. O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio […]
O monicreque tradicional desembarca nas aulas de Teo da man do Festival Titiriberia
A iniciativa ‘Da Barraca á aula’ inclúe obradoiros de construción de títeres tradicionais, talleres de guión, exposicións itinerantes, funcións e sesións de videofórum para as comunidades educativas dos centros de ensino do municipio teense. O Festival Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Teo e […]
Iria Pinheiro obtén o XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”
O xurado destaca “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”. | Foto: Olaia Sendón | O xurado do XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”, que se reuniu esta mañá no salón de plenos do Concello de […]
Mesa redonda sobre o papel da muller nos títeres tradicionais en Titiriberia
O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, continúa hoxe a súa programación cunha mesa redonda ao redor dos roles femininos no xénero dos títeres tradicionais. Coincidindo coa estrea da primeira versión de Barriga Verde con protagonista […]
Libros: novidades
Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]
Barriga Verde entra na RAG
Comba Campoy, autora de Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde, manterá unha conversa co profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e actor, Santi Prego, sobre Barriga Verde, o monicreque máis célebre do país. O acto celebrarase no salón de actos da Real Academia […]