Diana Sieira estrea ‘The Witch: un espectáculo ritual’ na Coruña

Diana Sieira

The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as
tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

No confín de… Diana Sieira

Diana Sieira

“Actriz e produtora, aínda que do último estoume quitando. Pasei por tódolos mundos posibles enriba e debaixo das táboas, diante e detrás das cámaras. Nos últimos anos dedícome aos monólogos cómicos, tinguindo o panorama galaico cun estilo diferente, absurdo e irreverente. Apaixonada pola historia da caza de bruxas e o teatro como acto comunitario ritual, […]

Soga e Cinsa

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Unha peza ambiciosa, como se botan de menos no noso panorama e nestes tempos de restricións, cun elenco de nada menos que 11 actrices de idades e especialidades diversas, e que amosan unha comunidade especial, unha complicidade reflectida en moitos intres laterais, case tanxenciais, a través de acenos e xestos, agarimos, palabras e enfrontamentos.

O CDG presenta o programa de creación ‘Residencias cruzadas’

salon teatro04

Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

O FETEGA presenta o programa da súa 31ª edición

Os nenos da varíola

O Festival de Teatro Galego – Celso Parada vén de presentar o programa da súa trixésimo primeira edición que se desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro. Oito espectáculos e un abano de actividades entre as que se atopa a animación de rúa, as lecturas dramatizadas e dúas mesas redondas sobre igualdade configuran […]

O Teatro Colón da Coruña descobre os seus segredos

Teatro Colon

Ao longo do mes de maio, a área de Cultura da Deputación da Coruña promoverá o programa de “Descobre o Colón con María Casares” pola que as persoas visitantes poderán coñecer os espazos ocultos do edificio por medio da figura da gran María Casares, interpretada polas actrices Diana Sieira e Carmen Peñalver. Coñecer un teatro […]