Elefante Elegante estrea ‘Alma de tigre’

Alma de tigre © Vanessa Rabade 1 scaled

Alma de tigre é un espectáculo que transita entre as artes visuais, a danza e o cine mudo.  Propón unha fantasía onírica a partir da historia de dúas irmás e un irmán que, logo de anos sen contacto, se reencontran na casa familiar após a morte da súa nai, unha figura que se revela fortemente autoritaria.

Sarabela, Elefante Elegante, ButacaZero e Marta Alonso Tejada os favoritos nos Premios María Casares 2021

Premios María Casares 2021

O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, conta con 8 finalistas; mentres que as obras ‘Bailar Agora’, de Marta Alonso Tejada; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante, e ‘32m2’, de ButacaZero, acadan 5 finalistas.

Nova Galega de Danza, Elefante Elegante e Tanxarina seleccionadas no Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte é un proxecto cultural promovido polas entidades profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas conforman a supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto.

Elefante Elegante: “Temos que dirixirnos ás crianzas co grao de responsabilidade e esixencia que require un adulto”

DreamingJuliet scaled

Neste 2020 a compañía Elefante Elegante, formada por María Torres e Gonçalo Guerreiro celebra 20 anos de vida e proxectos. A crise sanitaria desatada polo Covid-19 obrigou a adiar a estrea de Dreaming Juliet prevista para o 20 e 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Precisamente, na Coruña encontrámonos no […]

Elefante Elegante abre hoxe a Mostra de Teatro de Malpica

elefante

A Mostra de Teatro de Malpica chega hoxe á súa 14ª edición cun cartel no que teñen cabida compañías galegas de todo tipo e con espectáculos para todas as idades. A Mostra arrinca hoxe coa Danza da choiva de Elefante Elegante, gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017. Especialmente recomendada […]

Sarabela Teatro, Baobab e Elefante Elegante, no Fazer a Festa 2018

LUPPO 1

Do 29 de maio ao 5 de xuño, a cidade portuguesa de Maia acolle o XXXVII Fazer a Festa – Festival Internacional de Teatro para a Infância e Juventude. Durante oito días, o Auditorio da Quinta da Caverneira será o espazo de representación dos seis espectáculos do programa, formado polas compañías portuguesas Teatro Art’Imagem, Ana […]

Elefante Elegante estrea novo espectáculo familiar

patapapum2

Elefante Elegante estrea hoxe Patapatúm, espectáculo familiar concibido nunha residencia artística da compañía no Auditorio do Concello de Culleredo e que presentarán dende hoxe ata o venres ás meniñas e meniños de educación infantil e primeiro ciclo de primaria do concello. Un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual, cunha forte compoñente plástica e musical […]

A Agadic impulsa os novos espectáculos de 28 compañías a través das súas axudas á creación

Alma de tigre © Vanessa Rabade 2 scaled

cómpre sumarlle o proxecto beneficiario no apartado de actividade escénica de carácter plurianual. A través desta última categoría, procúrase facilitar unha planificación a medio prazo das actividades das compañías. Desta volta, Elefante Elegante é a única adxudicataria desta modalidade.

Cubo

CUBO Elefante Elegante 10 Vanessa Rabade

“‘Cubo’ de Elefante Elegante. No escenario, un cubo de madeira do que saen unha parella de seres que o habitan, conformando ese cubo o seu fogar e espazo de seguranza. Cunha posta en escena sinxela e moi versátil, conseguiron coller a atención do público de comezo a fin.”

trasPediante estrea ‘Nina Ninette’ en Santiago

Nina Ninette

Este conto iniciático, inspirado no Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza a rebeldía. María Torres, da compañía Elefante Elegante, forma xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía.

Comeza a XLIV Mostra de Teatro Galego de Cariño

Mostra de Teatro Galego de Carino scaled

A Mostra de Teatro Galego de Cariño está a celebrar hoxe a xornada inaugural da súa 44ª edición, que se estenderá ata o 19 de agosto e que  recuperará o seu formato habitual en canto a duración, cabida e organización.

A Mostra de Teatro Galego de Cariño recupera en agosto o seu formato habitual

AQL 8 PILAR ABADES scaled

Celebrarase do 12 ao 19 de agosto e, aínda que non parou pola pandemia, nesta edición recuperará o seu formato de festival habitual en canto a duración, aforos e organización.

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios María Casares

XXVI Premios de Teatro María Casares

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XXVI Premios de Teatro María Casares
Un total de 14 espectáculos compiten este xoves a partir das 20.45 h. polos galardóns durante a gala que, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, se pode seguir pola canle de youtube da AAAG:
https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares
Marián Bañobre, Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco. O Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) poranlle música á cerimonia de entrega.

Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Gala dos María Casares 2022 que conmemorará o centenario da actriz

Carlos alvarez ossorio gala maria casares

A gala contará cun elenco conformado por mulleres que se encargarán de poñer voz ás palabras da propia María Casares, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias.

Un total de 14 espectáculos son finalistas nos XXVI Premios de Teatro María Casares

Foto Finalistas Maria Casares scaled

Os espectáculos ‘Othello’, de Voadora, e ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, contan con 8 finalistas; mentres que ‘A lúa vai encuberta’, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, acada 7, e ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego, logra 6 finalistas.

Sarabela convértese na gran triunfadora duns Premios María Casares moi distópicos

Premios María Casares 2021

‘A lingua das bolboretas’ leva o premio ao mellor espectáculo e ‘Os nenos da varíola’ faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

A Gala dos María Casares 2021 emitirase por Internet celebrando o reencontro do sector teatral galego

GalaMariaCasares

A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e serán emitidos en directos a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.00 h. Trece obras compiten en calidade de finalistas polos María Casares.

Camiño Escena Norte levará as artes escénicas por nove municipios galegos

Camino Escena Norte 2021

A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, a partir do vindeiro 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas.

AGADIC apoiará a 30 compañías coas axudas á creación escénica 2021

Malasombra

Segundo a resolución de adxudicación, a dotación de 800.000 euros distribúese entre 16 propostas na modalidade de teatro, novo circo e maxia, sete na de nova creación, cinco na de danza de artes do movemento e dúas na destinada á actividade escénica de carácter trianual.

Os Premios María Casares 2021 contan con 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscritos

Premios María Casares

Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXV Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados de forma anual pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas Sarabela

Con A lingua das bolboretas, Sarabela continúa unha liña de propostas baseada na adaptación ao teatro de textos narrativos, como poden ser o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, a Viaxe a ningunha parte de Fernando Fernán Gómez, A esmorga de Blanco Amor ou O lapis do carpinteiro, do mesmo Manuel Rivas, autor tamén d’A lingua das bolboretas. É esta unha liña que converxe, porén, con outras propostas teatrais máis clásicas (Shakespeare, Cunqueiro, Lorca, Calderón) e anovadoras (Lagarce, Mrózek, Nöstlinger, Arístides Vargas), sen esquecer o teatro infantil.

A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental

MIT de Ribadavia

Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.

Comeza a XXI Mostra de Teatro Clásico en Lugo

Castelvines y Monteses

A vixésima primeira edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo arranca este xoves día 4. Ao longo do mes de marzo, o Auditorio Gustavo Freire da cidade acollerá unha programación variada de teatro clásico con nove compañías galegas e estatais. 

Comeza a XVI Mostra de Teatro de Malpica

Carabela | Galeatro

A ‘XVI Mostra de Teatro’ de Malpica dará comezo hoxe, venres, 30 de outubro, e estenderase ata o 11 de decembro.   A programación estará marcada polo protocolo hixiénico-sanitario, e desde o goberno local engaden que “as sesións estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse”. As restricións de capacidade dos espazos fai necesaria a […]

A erregueté presenta o número 99

Portada da Erregueté número 99

A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.