Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Ernesto Is

‘Relato para un incendio’, de Ernesto Is, é o proxecto seleccionado na Bolsa de Dramaturxia da AGADIC

A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. ‘Relato para un incendio’, o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

Ernesto Is, dramaturgo

Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is

O dramaturgo Ernesto Is ofrecerá, do 23 de xuño ao 9 de xullo,un curso de escrita dramática no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.   O obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, o alumnado coñecerá e traballará […]

Un proxecto de Ernesto Is resulta seleccionado para o programa ‘Nuevas Dramaturgias’ de Euskadi

O proxecto de Ernesto Is Canciones amarillas para flores tristes vén de ser seleccionado para se desenvolver ao longo dos próximos meses dentro do programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi, coordinado por Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao), Teatro Victoria Eugenia (Donostia Kultura) e Red Municipal de Teatros-Teatro Principal (Vitoria).   O obxectivo do programa Antzerkinguintza Berriak – […]

Julio Fernández

Espazo Meraki: obradoiros de artes escénicas e actos culturais en Pontevedra

Esta fin de semana haberá un obradoiro de voz coa actriz e cantante María Costas e o venres 28 haberá outro de dramaturxia co dramaturgo e editor Julio Fernández. Este novo espazo acolle tamén actos culturais, como a presentación do libro ‘DramaturGA 20: 11 textos breves’, tamén o venres 28 de maio, ou o recital da actriz e poeta Deborah Vukusic, o 11 de xuño.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

Academia Galega de Teatro premios

O Congreso do teatro Galego clausurouse cunha homenaxe a Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada

Todas as sesións do Congreso estarán dispoñibles para a súa consulta, a partir do día 15 e durante un mes, na plataforma culturaenvivo.com, a través da se que retransmitiu toda a actividade durante estes días. | Foto: Martín Lagoa |   O I Congreso Internacional do Teatro Galego clausurouse o pasado sábado 10 destacando que […]

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]