Escena Galega demanda ás administracións a blindaxe do sector escénico

As restricións á cultura derivadas da crise sanitaria da COVID-19 provocaron case 200 suspensións e cancelacións de espectáculos e é prioridade para o sector que as administracións competentes promovan medidas específicas a curto e medio prazo que faciliten a normalización no desenvolvemento da actividade das compañías, as e os profesionais e os e as creadoras.

Escena Galega manifesta a súa preocupación polas medidas restritivas que afectan ás artes escénicas

Escena Galega, a principal asociación galega de empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa “a súa fonda preocupación e estrañeza” polas medidas, “absolutamente restritivas”, que se están a implementar para o sector das artes escénicas na actual situación socio-sanitaria derivada da Covid-19.   A asociación cre que, nas circunstancias […]

A Xunta e a asociación Escena Galega acordan aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO

A Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega acordaron aprazar a celebración da oitava edición do mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO, que ía celebrarse este mes de xuño en Santiago de Compostela, así como deseñar conxuntamente un formato de feira flexible que facilite a súa adaptación á evolución da crise sanitaria […]

Juan Rodriguez

Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega: “O Xacobeo debe fortalecer as nosas redes e programacións”

Juan Rodríguez, da compañía Caramuxo Teatro, está tendo unha complicada estrea como presidente de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas. Elixido o 5 de febreiro, tardou menos de un mes en ter que enfrontar os graves problemas derivados da pandemia do Covid-19 e a paralización que supuxo para o sector. Rodríguez […]

Escena Galega elabora unha enquisa para medir o impacto económico do Covid-19 nas artes escénicas

Escena Galega, en colaboración con FAETEDA e outras asociacións do Estado, vén de elaborar unha enquisa sobre o impacto económico das medidas de prevención contra o Covid-19 no sector das empresas de artes escénicas.   Dirixida a compañías asociadas e non asociadas, e en colaboración coa Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) […]

Escena Galega cambia de dirección e nomea Socias de Honra a Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste

A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do paí.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrou, na tarde de onte, a  súa primeira Asemblea Xeral do ano, na que se renovou a […]

As Xornadas Profesionais de Escena Galega abren hoxe a Culturgal

As xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao.   Culturgal comeza, a partir das 10:00, coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este ano se desenvolve baixo o lema Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: […]

Escena Galega organiza as Xornadas Profesionais sobre Artes Escénicas no Culturgal

Este ano, as xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao, entre outros.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, organiza no marco do Culturgal as xornadas profesionais que levan por título […]

Escena Galega promove en Tui unha rede de circulación transfronteiriza con Portugal

Neste encontro presentarase o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal.   Tui acolle hoxe mércores, 16 de outubro, o encontro de axentes culturais de Galicia e Portugal promovido por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas. Dende as […]

Escena Galega rexeita o abandono do Festival de Teatro de Ourense por parte do Concello

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O posicionamento de Escena Galega súmase así á desaprobación tamén manifestada pola AAAG (Asociación de […]

Belén Pichel, presidenta de Escena Galega: “Galicia Escena Pro debe converterse nun evento de primeira orde”

A implicación de Escena Galega no proceso de xestión de Galicia Escena Pro é a principal novidade deste ano. Belen Pichel, a súa presidenta, considera que os cambios introducidos na feira das artes escénicas de Galicia son só un primeiro paso que se ampliará nos anos próximos. | Manuel Xestoso |   Compostela é nestes […]

Xornadas profesionais de Escena Galega no Culturgal: momento de oportunidades (se nos deixan)

Escena Galega celebrou as súas xa tradicionais xornadas de traballo dentro do Culturgal, nas que, entre outras cousas, se presentou o novo modelo de axudas da AGADIC ao sector. | Texto: Roberto Pascual | | Foto: Ana Díez |   Escena Galega organizou un ambicioso encontro no Culturgal baixo o título “Unha escena galega para […]

Xornada sobre a escena galega no programa da Deputación da Coruña ‘A cultura é un dereito’

“A escena galega no palco do Colón” é unha das tres xornadas coas que arrinca o programa “A Cultura é un Dereito” coa que a Deputación da Coruña quere destacar o carácter transformador da cultura. A responsábel da área e vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei e as persoas coordinadoras das xornadas, Alberto García, presidente da Asociación […]

Escena Galega amosa a súa preocupación pola escasa presenza das Artes Escénicas galegas en Lugo

A asociación celebrou o seu primeiro encontro do ano 2018 na cidade das murallas   A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) celebrou na cidade de Lugo o primeiro dos Encontros Profesionais do ano 2018, que organiza periodicamente no marco das súas Asembleas Xerais, entendendo como fundamental a interlocución e debate entre […]

Os profesionais do circo e Escena Galega tamén se solidarizan con Carlos Santiago

Nas últimas horas, as asociacións profesionais Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) suman o seu apoio aos xa públicos doutras asociacións. Igualmente, Escena Galega, a asociación de compañías e empresas produtoras, fixo público un comunicado no que se solidariza co dramaturgo e, coma noutros casos, incide no caracter artificial e alentado […]

Camiño Escena Norte

Nova Galega de Danza, Elefante Elegante e Tanxarina seleccionadas no Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte é un proxecto cultural promovido polas entidades profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas conforman a supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto.

#2Pilgrims

Estrea galega na MIT de Ribadavia: #2Pilgrims, de Redrum Teatro

#2Pilgrims, a décimo quinta produción de Redrum Teatro, encaixa no marco do chamado teatro social, unha liña de traballo que a compañía leva desenvolvendo nos últimos anos a través de obras como A nena que quería navegar, que trata sobre o acoso escolar, ou Invisibles, montaxe que aborda a violencia de xénero. En #2Pilgrims atoparemos unha comedia de autoficción con grandes doses de absurdo que terá como pano de fondo o Camiño de Santiago para tratar temas como as novas masculinidades, o feminismo ou concienciación fronte á violencia de xénero.

Cruzamentos

Camiño Escena Norte abre o prazo para presentarse ao programa ‘Cruzamentos’

O obxectivo do programa Cruzamentos é crear un tecido de espazos cómplices ao longo das catro comunidades do proxecto, con sete sedes que posibilitan o encontro entre elas para conectar o traballo de creadores/as e compañías dos catro territorios, nos ámbitos da creación, a investigación, formación, coprodución e, en xeral, o intercambio profesional. As estancias terán unha duración máxima de 10 días.