O Teatro Español de Madrid estreará unha versión en castelán de ‘Voaxa e Carmin’ de Esther Carrodeguas

O teatro madrileño tamén inclúe na súa programación a montaxe Fariña, de Ainé producións, dirixida por Tito Asorey.   A directora artística do Teatro Español, Natalia Menéndez, presentou hoxe a nova programación despois do período de confinamento baixo o lema La vida reflejada. Oitenta proxectos integran o cartel que inclúe a estrea do texto de […]

Diario de cativerio. Día 7, por Esther Carrodeguas

| Esther Carrodeguas |   Un dos primeiros días de toda esta loucura David Trueba escribiu unha ben interesante reflexión en clave distópica arredor da distopía na que vivimos. Que pasaría, formulaba, se o virus non puidera atacar África por cuestións medioambientais, e todos os europeos e europeas nos arremuiñásemos -nas nosas propias fronteiras- e […]

Esther F. Carrodeguas

Esther F. Carrodeguas: “O conflito principal era que pasa cando non se contempla a idea de muller nin de home”

É un conflito todo aquilo que se afasta do binario, é dicir, do dualismo de xénero que establece ó feminino e ó masculino como as únicas casas posibles. Éo, un conflito, un territorio de tensión, porque supón o rexeitamento do réxime do NormalTM. Así, cada 14 de xullo dende o ano 2012, ante o non recoñecemento legal de identidades disidentes na maioría dos países do mundo (entre outras moitas discriminacións e violencias), dáse o Día Internacional das Persoas Non-Binarias. Nunha data máis preto, o 13 de novembro de 2020, estreouse Feminíssimas pola produtora de espectáculos teatrais De Ste Xeito, a primeira peza galega en incluír a unhe personaxe non binarie e en tratar de cheo, ou intentalo, a súa realidade detractora do cisheteronormativo. Falamos coa dramaturga da obra, Esther F. Carrodeguas a propósito da creación e inclusión na mesma dun personaxe non-binario.

Carme Varela, Esther Carrodeguas, Carlos Losada-Galiñáns

Carme Varela gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns, os Barriga Verde para monicreques

‘As desterradas’, ‘República Sideral’ e ‘Pois eu!’ son as obras premiadas; mentres que o XI Premio Manuel María de literatura dramática infantil declarouse deserto.   Carme Varela obtivo coa peza As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na súa vixésimo quinta edición. O xurado dos premios literarios, convocados bienalmente a través da Axencia Galega das […]

O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas continúa cunha obra de Esther F. Carrodeguas

Unha nova sesión do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, terá lugar hoxe, xoves 8 de novembro, ás 21.00 horas. A obra será Malcriada. Unha historia de amor, da dramaturga Esther F. Carrodeguas, que se encargará ademais da dirección. Belén Constenla interpretará esta peza dunha soa actriz. A montaxe trata dunha criada que senta no chester […]

Lecturas Dramatizadas de Julio Fernández, Jose Prieto e Esther F. Carrodeguas na SGAE

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Fundación SGAE coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza neste mes de novembro o Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e […]

Festival Titiriberia

Comeza o VI Festival Titiriberia en Rianxo

O programa de Titiriberia inclúe dúas grandes estreas nesta sexta edición. A primeira delas chegará o venres 23 de xullo da man de Indignati (Asociación Galega de Commedia dell’Arte) que, coa colaboración na produción da Asociación Morreu o Demo, presentará o seu espectáculo Maldita Máscara, montaxe de Commedia dell’arte que mestura contos, música, acrobacia e máscara. A estrea terá lugar no Pazo do Rianxiño ás 20.30 h. A segunda estrea será ás 21.00 h. no mesmo espazo e correrá a cargo da compañía Babaluva, que dará a coñecer a súa peza Feira de sementes.