Othello

Voadora estrea ‘Othello’ no Teatro de La Abadía

Tras A tempestade e O soño dunha noite de verán, Othello será o terceiro Shakespeare na traxectoria de Voadora. A compañía, dirixida por Marta Pazos, regresa ao madrileño Teatro de La Abadía, o cal coproduce a peza xunto á MIT de Ribadavia, o Teatro Nacional São João de Porto e Voadora. Nesta adaptación do clásico asinada polo dramaturgo Fernando Epelde, a compañía compostelá ofrece unha versión transgresora e atravesada pola posverdade e as violencias machistas, sen renunciar á hibridación de linguaxes e á plástica, selo de identidade das montaxes de Pazos.

'Onde pousa a humidade' de Marcia Vázquez

O Colectivo RPM desvela os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2022

A comisión de valoración estivo formada por cinco persoas: Nuria Sotelo (bailarina e creadora galega, responsable de A Casa Vella), Marta Valverde (artista visual galega e artista Paraíso 2021) e Iara Solano (artista, produtora escénica e comisaria independente vasca) como profesionais independentes e Caterina Varela (directora Residencias Paraíso) e Rut Balbís (co-coordinadora Residencias Paraíso) por Colectivo RPM.

#2Pilgrims

Estrea galega na MIT de Ribadavia: #2Pilgrims, de Redrum Teatro

#2Pilgrims, a décimo quinta produción de Redrum Teatro, encaixa no marco do chamado teatro social, unha liña de traballo que a compañía leva desenvolvendo nos últimos anos a través de obras como A nena que quería navegar, que trata sobre o acoso escolar, ou Invisibles, montaxe que aborda a violencia de xénero. En #2Pilgrims atoparemos unha comedia de autoficción con grandes doses de absurdo que terá como pano de fondo o Camiño de Santiago para tratar temas como as novas masculinidades, o feminismo ou concienciación fronte á violencia de xénero.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

Voadora impartirá un obradoiro de creación escénica a partir de ‘Othello’ na MIT Ribadavia

O obradoiro, baixo o título “Celos. Nivel usuario avanzado” investigará as relacións amorosas e a posverdade a partir da traxedia shakesperiana.   Que relación teñen a violencia de xénero e a posverdade no século XXI? Como se constrúen as mentiras? Conseguirá Iago un ascenso na axencia de fake-news para a que traballa? Teñen Otelo e […]

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]

‘Je suis narcissiste’, a primeira ópera dirixida por Marta Pazos, nomeada nos International Opera Awards

Os International Opera Awards fixeron públicos, na tarde de onte, os finalistas da súa edición de 2020, na que Je suis narcissiste, a ópera de Raquel García Tomás que se estreou con dirección escénica de Marta Pazos, conseguiu estar nomeada na categoría de Mellor Estrea Absoluta. Os International Opera Awards creáronse en 2012 pola revista […]

IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG na Coruña

O vindeiro 23 de novembro, terá lugar no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47) a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, unha actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña […]