A lingua das bolboretas Sarabela

A lingua das bolboretas

Con A lingua das bolboretas, Sarabela continúa unha liña de propostas baseada na adaptación ao teatro de textos narrativos, como poden ser o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, a Viaxe a ningunha parte de Fernando Fernán Gómez, A esmorga de Blanco Amor ou O lapis do carpinteiro, do mesmo Manuel Rivas, autor tamén d’A lingua das bolboretas. É esta unha liña que converxe, porén, con outras propostas teatrais máis clásicas (Shakespeare, Cunqueiro, Lorca, Calderón) e anovadoras (Lagarce, Mrózek, Nöstlinger, Arístides Vargas), sen esquecer o teatro infantil.

Cronicas Do Paraiso | Sarabela

A CRTVG adaptará á televisión as ‘Crónicas do Paraíso’ de Sarabela Teatro

A obra, unha adaptación das Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro, está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro. Luís Avilés dirixirá a adaptación á televisión..   A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o […]

Decepción do sector das artes escénicas ante o Plan de Reactivación da Xunta

Tristeza e decepción. O sector das artes escénicas séntese frustrado polo Plan de Reactivación presentado pola Xunta de Galicia. A cultura é unha das grandes prexudicadas pola crise provocada pola pandemia da Covid-19 e as artes escénicas, as que máis lonxe albiscan unha volta á normalidade. A promesa dun plan que lograse darlle resposta a […]

O rei morre

Viva o rei | Roi Vidal Ponte |     A linguaxe contemporánea ten dúas tipoloxías de frases nas que o teatro é o elemento metafórico. Dunha banda, está a filosofía calderoniana na que a vida é soño e o mundo un grande teatro. É a ideoloxía das obras de Shakespeare na que a teatralidade […]

Pequenas certezas

Imaxinando ausencias | Roi Vidal Ponte |   Todo é unha viaxe cara a luz: a vida das persoas e a da especie humana, a loitaren arreo, desde o ventre da nai, desde as ilusións da caverna, por entender en que consiste o mundo. A dramaturxia da mexicana Bárbara Colio, na que os comezos resultan […]

Mar

Terra Roi Vidal Ponte   Bolivia perdeu o seu mar en 1879 nun enfrontamento bélico con Chile. Desde entón, o tema da mediterraneidade é un asunto de estado e o sentimento de perda parte do seu volkgeist. A compañía Teatro de los Andes encara esta frustración desde un punto de vista que por momentos semella […]

Croquetas

Muller e familia | Camilo Franco |   Neste momento non lembro quen era, pero cádralle bastante ben a Chejov, que as familias felices eran todas iguais pero as outras sufrían cada unha ao seu xeito. Eu sobre familias felices non teño experiencia, así que sempre supoño que todas son distintas, moi distintas. Este é un […]