Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A reflexión sobre a identidade galega é o común denominador de ambas […]
Procurando resultados para: gena baamonde
Escenas do cambio volve en maio a Santiago cun programa que inclúe oito creacións inéditas
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou onte na presentación do programa as cinco novas propostas de artistas e compañías galegas que contaron co apoio da Xunta para o seu desenvolvemento: ‘Hoax Hamlet’, de Voadora; a peza colectiva ‘Escenas (Con)Textualizadas’, construída coas voces das artistas, actrices e dramaturgas Helena Varela, Helen Bertels, Ana Vallés, Ana Abad de Larriva e Gena Baamonde; e as tres obras froito das residencias artísticas realizadas no Gaiás por Mateo Feijóo, Mercé de Rande e Ramón Souto.
GALERÍA | ‘Escenas (Con)Textualizadas’ no Escenas do Cambio 2022
En Escenas do Cambio 2022, 5 creadoras de Galicia xeran 5 propostas moi diferentes para 5 espazos da Cidade da Cultura.
O Teatro Principal de Santiago acolle ‘O raro é que bailar sexa raro’ no Día Internacional da Danza
Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles.
‘Ningún hombre me llevará a la cumbre’ Releitura queer um ano depois
E quando por fim vim a Celeste só me saíu um abraço, nom me saíam as palavras. E isto é o melhor que podo escrever sobre esta obra, melhor que qualquer análise estética.
Corpos, Xénero e Sexualidade programa a Celeste González este sábado na Coruña
A artista Celeste González presentará o seu espectáctulo teatral Ningún hombre me llevará a la cumbre, como parte da programación do I Congreso Internacional Corpos, Xénero e Sexualidade, o sábado 12 de marzo, ás 20h30, no Centro Ágora da Coruña.
Elahood estrea ‘NÓ’ no Concello de Oleiros
Será mañá, venres 18 de febreiro, no Auditorio Gabriel García Márquez do Concello de Oleiros, ás 20.30 horas.
Festina Lente
Máis aló de todas as interpretacións posibles, o bo traballo dramatúrxico de Festina Lente permite saber con certeza que hai un desexo: Sentirse no mesmo espazo e compartir vibras. En varias ocasións elas deixan de estar xuntas. Por exemplo, a mediados da peza a luz treme, unha se separa e a outra impídello, da man, e parece que ningunha sabe onde están, impedindo que a dinámica que construíran continúe, algo vai mal e se escoita un son branco estrano e un pouco incómodo. Logo todo volve a ser como antes, festivo, con movementos de cadeira marcados, certo descontrol, etc., pero, continuando co ciclo, se dá un novo impedimento, e robotízanse lixeiramente, segméntase o corpo aínda enérxico, e volven a darse de conta de que están separadas e deben procurarse e darse a man, o cal semella unha tarefa imposible. Por sorte, moitas veces puideron disfrutar a unha da outra, case de xeito ritual, mostrando un ensaio teórico-escénico sobre a experiencia de estar xunto a outres, experimentando pola quinosfera propia e allea.
‘Intempestiva’ de Elahood no Festival C de Compostela o 30 de agosto
O vindeiro luns 30 de agosto ás 20.00h no Cemiterio de Bonaval, dentro da programación do Festival C de Compostela Cultura, a compañía Elahood presenta o seu traballo arredor da voz de Xela Arias tras a súa estrea no ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio.
Comeza en Compostela o Festival Plataforma de artes performativas
Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade de Compostela para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.
Elisa e Marcela
Elisa e Marcela é xa historia do teatro galego, e de certo debería selo tamén do teatro nacional. É unha peza que hai que ver polo menos unha vez na túa vida, porque non importa a historia, non importa o interese que un poida ter no mito de Elisa e Marcela, senón como se nos conta esa historia. Iván Fernández está seguro de que se hoxe as mesmas Elisa e Marcela puideran ver o que A Panadaría fixo coa súa aventura vital, estarían máis que orgullosas e darían cada palabra por ben falada.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Colectivo Vacaburra, Javier Martín e Kirenia Danza, próximas coproducións do CCG
Festina Lente de Colectivo Vacaburra, Umbral de Javier Martín e Tres Tristes 2.0 de Kirenia Danza serán as próximas coproducións de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada pola AGADIC na súa páxina web, a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
Xornadas ‘De Corpos Presentes’ na Coruña en decembro
A Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas organiza, a partir deste venres día 11, seis actividades no espazo de intervención cultural NORMAL da Universidade da Coruña no marco das xornadas ‘De Corpos Presentes’, que se prolongarán durante varios días de decembro.
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
O festival herDanza de Compostela comeza a súa quinta edición este xoves
Este xoves comeza o Festival HerDanza, que este ano chega á súa quinta edición. Entre os días 3 e 5 de setembro, o parque de Bonaval e o CGAC serán os principais escenarios dos espectáculos de danza, as conversas e as proxeccións audiovisuais que constitúen o programa do festival. Na xornada do xoves, 3 […]
O CDG retoma a actividade pública coa estrea de ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’
O espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas, creado e interpretado por María Ángeles Iglesias, poderá verse en Santiago o sábado 4 de xullo, ás 20:30, e o domingo 5, ás 19:00. O Centro Dramático Galego (CDG) reabrirá as portas da súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, coa estrea o sábado 4 e […]
Lorena Conde presenta ‘Santa Inés’ en Compostela
Hoxe, 22 de decembro, no Pub Modus Vivendi de Compostela, Lorena Conde presentará o libro Santa Inés, publicado pola Editora Urutau. A presentación desta obra contará coa participación de Gena Baamonde, Goretti Sanmartín, Inés Salvado Gontad e da propia autora. O espectáculo Santa Inés vén de estrearse pola compañía A Feroz o pasado 20 de decembro […]
A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG
A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública. […]
Monicreques de Kukas (1979-2019), 40 anos de tiruleques
A compañía Os Monicreques de Kukas vén de recibir o Premio da Cultura Galega, na categoría de Artes Escénicas. Con este motivo, recuperamos este artigo publicado no número 97 da edición en papel da erregueté para conmemorar o 40º aniversario da compañía. | José M. Breijo Vidal | | Foto: A doncela guerreira, 2007, cedida pola compañía […]
Premio da Cultura de Galicia para Os Monicreques de Kukas
A compañía Os Monicreques de Kukas, dirixida por Marcelino de Santiago e Isabel Rey, foi galardoada co Premio da Cultura de Galicia na modalidade de Artes Escénicas cando cumpre corenta anos de existencia. Os Monicreques de Kukas veñen de recibir o Premio da Cultura de Galicia no apartado de Artes Escénicas. Outros premiados noutras categorías […]
‘Elisa e Marcela’ de A Panadaría, Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura
Elisa e Marcela, a montaxe da compañía A Panadaría, vén de recibir o Premio Las Horas do Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura. A gala de entrega dos premios será este sábado 16 ás 22:00 no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz. Gena Baamonde, directora do espectáculo, recollerá o premio. Elisa e Marcela é unha […]
Fefa Noia preside a comisión que escollerá á persoa que a substituirá á fronte do CDG
Xa se sabe quen presidirá a comisión que seleccionará a Fefa Noia á fronte do Centro Dramático Galego: a propia Fefa Noia. Na resolución publicada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), o director, Jacobo Sutil, nomea a Noia como presidenta desta comisión, que conta con catro vogais e unha secretaria. Os catro vogais serán Paulo […]
Carballo acolle Escena Norte Idea, unha xornada de reflexión sobre artes escénicas e interculturalidade
O proxecto Camiño Escena Norte chega a Galicia. O vindeiro 9 de outubro, o 28 Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acollerá a xornada profesional Escena Norte Idea, unha iniciativa que pretende abordar o Camiño de Santiago do Norte como conector e vertebrador da diversidade cultural. A xornada forma parte da programación expandida do […]
Xornada sobre ‘Artes escénicas e interculturalidade’ en Carballo
O vindeiro mércores 9 de outubro, no salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo, a partir das 10:00, Escena Galega, en colaboración co Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), organiza unha xornada na que se reflexionará sobre a interculturalidade, centrándose no traballo de creadores e creadoras do eido das artes escénicas, e en […]