Xosé Manuel Pazos

Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos

A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central.

Evaristo Calvo

Evaristo Calvo asina o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro

O Teatro é unha arte inmortal, escribe Evaristo Calvo no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2021, mais esta arte inmortal ten a sua cara viva no agora, no tempo dos vivos que non somos inmortais. Esta xente de agora, está a soster ferida a arte que a humanidade se deu a si mesma para se recoñecer. As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo.

O Congreso do Teatro Galego quere establecer un plan estratéxico e unha lei do teatro

Onte presentouse aos medios o programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego, que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo de 2020 na Cidade da Cultura. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, participaron Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Juan Rivas, presidente do Consello territorial da SGAE, […]

Palabras malditas

O prohibido contra a poesía da vida | Afonso Becerra de Becerreá |     Veño do Teatro García Barbón d’Afundación de Vigo, como quen vén de facer unha viaxe na máquina do tempo do teatro, nun flashback directo aos anos corenta. Esa é a época na que transcorre a historia de Palabras malditas, a […]

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

AC Alexandre Bóveda

Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’

Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos  retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.

As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa

| Sandra Núñez Figueroa, Presidenta da Delegación de Alumnado da ESADg |   Despois dunhas semanas de non parar –coma todas as persoas que tentan achar un oquiño ou continuar neste “mundo do teatro”, xa que estamos en continua supervivencia–, sento por fin diante do ordenador e repaso todo o acaecido até agora nestas semanas de […]

Helena, xuízo a unha lurpia

Helena, a gran raíña dos teatros | Inma López Silva |     A última produción de Teatro do Atlántico, Helena, xuízo a unha lurpia, é un excelente monólogo escrito por Miguel del Arco. No 2011 o propio autor púxoo en escena, interpetado por Carmen Machi, e colleitou o éxito na súa première no Festival […]

El nombre de la rosa

Unha rosa é unha rosa | Roi Vidal Ponte |   Cando Umberto Eco quixo escribir unha novela que lle gustase tanto á crítica como ao público adoptou técnicas tipicamente posmodernas: pastiche de homenaxes e outras intertextualidades sen renunciar a unha erudición neoclásica que situase o libro nunha especie de limbo entre o popular e […]