Faladoiros arredor da ‘Anatomía dunha serea’ de Iria Pinheiro e a violencia obstétrica

O Club C! de Compostela organiza esta semana dúas actividades vinculadas ás representacións de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, que terán lugar o xoves 9 e o venres 10, no Teatro Principal, ás 20:30. Hoxe, martes 7, o Club C! propón unha “entrevista bidireccional”, un diálogo entre María Lado e Iria Pinheiro. Coa autora do […]

Iria Pinheiro obtén o XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”

O xurado destaca “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”. | Foto: Olaia Sendón |   O xurado do XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”, que se reuniu esta mañá no salón de plenos do Concello de […]

Iria Pinheiro estrea ‘Anatomía dunha serea’

O vindeiro 18 de outubro estréase, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo), Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, o terceiro proxecto sementado na Berberecheira do grupo Chévere, un achegamento escénico á violencia obstétrica desde a experiencia persoal da actriz.   Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia […]

Asociacións profesionais únense nun comunicado de apoio a Iria Pinheiro

Varias asociacións profesionais fixeron público un comunicado no que non só se solidarizan coa actriz Iria Pinheiro despois de que esta denunciase acoso por parte dun director dun programa no que participaba: tamén propón un “proceso de reflexión colectiva” que permita a adopción de protocolos para a prevención do acoso sexual e para a actuación en […]

Festival Titiriberia

Comeza o VI Festival Titiriberia en Rianxo

O programa de Titiriberia inclúe dúas grandes estreas nesta sexta edición. A primeira delas chegará o venres 23 de xullo da man de Indignati (Asociación Galega de Commedia dell’Arte) que, coa colaboración na produción da Asociación Morreu o Demo, presentará o seu espectáculo Maldita Máscara, montaxe de Commedia dell’arte que mestura contos, música, acrobacia e máscara. A estrea terá lugar no Pazo do Rianxiño ás 20.30 h. A segunda estrea será ás 21.00 h. no mesmo espazo e correrá a cargo da compañía Babaluva, que dará a coñecer a súa peza Feira de sementes.

Lara Hierro en FIOT en pausa

‘Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento’ gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas.   O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para […]

O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega

A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa.   “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]

Titiriberia abre hoxe a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo ‘As varietés do Barriga Verde’

O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, continúa hoxe coa súa programación para esta cuarta edición. Na véspera do San Martiño, o festival abrirá a actividade da súa xa habitual Barraca na Feira de Francos. Así, ás […]

Irene Vecchia Pulcinella

Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia

‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ estenderá entre o 9 e o 15 de novembro unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio […]

O Festival Titiriberia recupera a Feira de Francos como espazo dos monicreques tradicionais

A cuarta edición de Titiriberia, único festival do estado especializado nos títeres tradicionais, celebrarase entre o sábado 9 e o venres 15 de outubro en Teo.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa […]

O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada

Inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena.   O Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño anunciou hoxe a súa programación, nunha edición que marca o trixésimo aniversario da súa existencia. A dirección do festival carballiñés rende homenaxe […]