AC Alexandre Bóveda

Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’

Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos  retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses

Realizarán estadías artísticas Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.   O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas […]

Narradorxs orais reclámanlle á Xunta a mellora da rede de contratación nas bibliotecas

O Colectivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia –integrado por 52 profesionais, asociacións, empresas galegas e cooperativas dedicadas á narración oral e que habitualmente desenvolven parte importante do seu traballo nas bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais– vén de asinar un manifesto […]

‘Invisibles’, de Redrum Teatro, Premio Luísa Villalta

A achega do espectáculo Invisibles, de Redrum Producións, ao público dos centros de ensino medio con representacións en grandes espazos escénicos foi merecente dun dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña. Invisibles é o único proxecto de artes escénicas premiado, dentro dun palmarés que recompensa, maiormente, proxectos audiovisuais, como […]

‘O furancho’ de Ibuprofeno Teatro, no Salón Teatro de Compostela

Marián Bañobre e Isabel Risco preséntalle ao público o Furancho Spa Resort Vitivinícola Rosalía de Castro como metáfora gastronómica do sector teatral galego.   A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel […]

O FIOT de Carballo ofrece este ano corenta e un espectáculos

O programa da 27ª edición pon especial atención en demostrar aos afeccionados xóvenes que o teatro é intemporal. Participarán compañías de Arxentina, Castela e León, Cataluña, Galicia, Guinea Ecuatorial, Madrid, País Vasco, Suiza e Valencia.   A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron este xoves o programa oficial e a […]

‘Río Bravo’ de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron esta tardiña a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo […]

Estás aí?

As perdas irreparables | Manuel Xestoso |   Cando hai mortos sobre os escenarios, sempre hai contas pendentes. O pai de Hamlet é o máis coñecido –de feito, o título da obra procede do “Who’s there?” da obra de Shakespeare– pero hai outros moitos exemplos que indican que os mortos non adoitan volver polo mero […]