O CDG e Ainé inician os ensaios de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

Equipo de Recortes caneos e outras formas de driblar

Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol, cun elenco formado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta.

Melania Cruz e Tito Asorey estrean ‘Continente María’ sobre a vida de María Casares

Melania Cruz en Continente María

O espectáculo procura achegar ao público galego a figura da icónica actriz galega que acadou a fama internacional nos escenarios e cinema franceses.

A Feroz estrea ‘Do pracer e da morte’

A Feroz 2 2

Será hoxe ás 19.30 horas na Sala Ártika, en Vigo, onde haberá tamén funcións mañá e pasado á mesma hora.

O mozo da última fila

O mozo da última fila Redrum Teatro

Será a relación mestre/alumno a que esta versión de Redrum ofreza como máis nitidamente inquietante, xa que o interese do mesmo pola familia, e máis en concreto pola nai (co seu “inconfundible aroma a muller de clase media”), queda confuso, sen decantarse por unha opción clara, ficando así este personaxe un tanto desleixado.

ButacaZero leva o confinamento a escena en ’32m²’

32m2

A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m², o novo espectáculo de ButacaZero, pon o foco sobre a convivencia da sociedade coa precariedade e as desigualdades na súa vida cotiá a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación. Cuestións como a soidade, o abandono, as complexidades das relacións interpersoais ou o estrés e o os ritmos frenéticos impostos na “vella normalidade” serán algúns dos temas que se visualizarán nesta peza.

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

‘Fariña’ represéntase desde esta semana nas Naves del Español de Madrid

Fariña

Fariña viaxa esta semana a Madrid nun dos momentos máis complexos para as artes escénicas. Cos aforos reducidos ao mínimo para conter os contaxios por coronavirus, o espectáculo que conta a historia do narcotráfico en Galicia a partir da obra de Nacho Carretero representarase durante case un mes nas Naves del Español, un dos espazos […]

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

GalaMariaCasares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]

Avento presenta este domingo unha versión musical de ‘O libro da selva’

OLiborDaSelvaAvento

Teatro Avento estrea este domingo 16, ás 18:00, no Auditorio Municipal de Vigo, O libro da selva, unha adaptación do libro de Rudyard Kipling en clave de musical para toda a familia.   O novo espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, pola que non pasa o tempo e que […]

A compañía Pérez & Fernández estrea ‘Os nenos da varíola’ en Compostela

OsNenosDaVaríola

A compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego estrea a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola, o vindeiro xoves 28, no Salón Teatro de Compostela, ás 20:30.   O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e […]

Ummm!!!

Ummm avento proddd

Unha doce sensación | Vanesa M. Sotelo | Din que hai bolboretas no estómago cando namoramos, que un nó atravesa o estómago cos nervios, que hai noticias difíciles de dixerir, que hai persoas imposibles de tragar… Non é capricho nin casualidade relacionar tan habitualmente sistema nervioso e dixestivo a través da linguaxe xa que, despois […]

‘Fariña’ chega ao teatro

Fariña

Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias, Sergio Zearreta e o propio Touriñán forman o elenco dunha adaptación escrita polo dramaturgo José L. Prieto co asesoramento de Carretero, e dirixida por Tito Asorey. Estrearase o 25 de outubro no Teatro Colón da Coruña. Ata o mes de febreiro representarase nos teatros das principais cidades galegas.   A historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado […]

Sarabela estrea novo espectáculo este xoves en Ourense

celebracion

O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a […]

O rei morre

reimorre

Viva o rei | Roi Vidal Ponte |     A linguaxe contemporánea ten dúas tipoloxías de frases nas que o teatro é o elemento metafórico. Dunha banda, está a filosofía calderoniana na que a vida é soño e o mundo un grande teatro. É a ideoloxía das obras de Shakespeare na que a teatralidade […]

Todo sobre Eva

todosobreeva

Ninguén quere ser mazá | Roi Vidal Ponte | | Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia |     O feminismo é a forza revolucionaria máis activa dos tempos modernos. Centra debates públicos e indaga en terreos onde non quixeramos entrar. Chámalle terrorismo aos asasinatos machistas e esixe dereitos e deberes desde uns fundamentos éticos […]

Martes de Carnaval

martesdecarnaval03

A balsa do noso tempo | Laura Porto |     Logo dun longo barbeito por fin o público galego pode ver agromar os froitos do traballo de Valle-Inclán, na súa lingua propia e cunha equipa artística de aquí. Gostariamos de telo escoitado un pouco máis, por ser este o ano en que podemos facelo […]

Tras Tannhäuser

Tras Tannhäuser

Á fin os mozos tomaron os teatros   Tras Tannhäuser ten todas as cousas boas das compañías novas cargadas da paixón dos artistas mozos. E tamén ten todos os problemas que se derivan da mesma circunstancia. É, por iso, un espectáculo interesante no que prima a experimentación e o saber facer propio dun equipo formadísimo […]

O feo

o feo

O espello da alma | Manuel Xestoso |     Que a aparencia externa –iso que os anuncios por palabras chaman “boa presenza”– se converteu nunha obsesión na nosa sociedade é algo que non admite dúbida. Tanto que xa case ninguén se atreve a repetir aquilo de que a verdadeira fermosura reside no interior (ou […]

‘Relato para un incendio’ ǀ 38ª MIT Ribadavia

295135045 466611102136685 826717567161938409 n

Adaptada ao espazo da igrexa da Madalena de Ribadavia, “Relato para un incendio” estréase entretecendo pasado e presente para poñer en relación os estudos que o antropólogo danés Gustav Hennigsen fixera durante os anos sesenta pola zona de Ordes e os incendios provocados por Carmen García Grela, veciña de Cerceda, no ano 2016.

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas

Amantis Rebordelos

‘Amantis’ indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

Rosa E. Gantes gaña o II Prémio Platta de Teatro Breve – Portugal

RosaGante

A canguesa Rosa E. Gantes acada o II Prémio Platta de Peças Curtas de Teatro – Portugal 2020 coa obra Reencontro. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.   O xurado – formado pola actriz Josefa Barreiro, o dramaturgo Ricardo Correia […]

Dúas donas que bailan

DuasDonas09

Espello das inclemencias | Manuel Xestoso |   A vella teoría de Stendhal sobre a arte como espello da realidade ten aínda moito que dicir. Especialmente cando a realidade se degrada a mans duns medios de comunicación que non dan conta dos dramas persoais que se agochan tras as cifras. Neses casos, a lectura duns […]

A MIT Ribadavia presentou o programa da súa 36ª edición

mit 2014 22

A estrea de Teatro en Vilo, o apoio á danza, o multipremiado espectáculo catalán Rebota Rebota y en tu cara explota, a coprodución con Antón Reixa, a retrospectiva en torno ó dramatugo e director Pablo Remón e a creación contemporánea centran unha MIT con reforzo de espectáculos gratuítos de rúa e o 70% galegos.   […]

Redrum retoma en Rianxo os ensaios de ‘O mozo da última fila’

OMozoDaUltimaFila

A compañía teatral, tras a suspensión da súa estrea en abril polo o estado de alarma, presentará finalmente en Santiago o 7 e 8 de xullo o seu novo espectáculo, primeira adaptación ao galego dun texto do dramaturgo Juan Mayorga.   Redrum Teatro vén de retomar, tras os meses de suspensión da actividade escénica debida […]

O Festival Atlántica comparte nas súas redes contos para a corentena

Luís Prego

Xa están publicados os vídeos do venezolano Rubén Martínez e do galego Luís Prego baixo a etiqueta #ocontononpara Tras a cancelación do Festival Atlántica por mor das medidas tomadas para controlar a propagación do coronavirus, a organización do encontro está a publicar nas súas canles sociais unha colección de vídeos con contos gravados ex profeso […]