Galaxia presenta 'A cámara escura'

Galaxia publica ‘A cámara escura’ de José Luis Baños de Cos

O Premio Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a propia editorial Galaxia, consta de 2.000€ e a edición da obra, unha modesta cantidade que seguro irá medrando co avance da calidade do seu repertorio, do que tamén forman parte as obras de Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores e Fernando Castro Paredes con A derradeira bala, e os efectos que este pode acadar polo feito exclusivo e innovador de estar en sintonía co público en idade adolescente.

Premio Abrente

Jose Luís Baños de Cos gaña o XIV Premio Abrente de Textos Teatrais

O Xurado do 14º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia, presidido polo Director do festival, Roberto Pascual e composto pola dramaturga e actriz Avelina Pérez, polo actor Roberto Leal e polo director Álex Sampayo, deciden por unanimidade conceder o recoñecemento do Abrente 2019 ao texto titulado Asfixia e presentado baixo o lema “Sobre […]

A cámara escura de Jose Luis Baños de Cos

A cámara escura

Falar coas mozas e mozos de temas ‘tabú’ e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza ‘A cámara escura’, gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike… son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Día Mundial do Libro

Ultimamente non leo moito teatro

O Día do Libro non é o Día do Teatro. Porque xa hai un día que é o Día do Teatro. O Día do Liro tampouco é o Día da Poesía, porque xa hai un día que é o Día da Poesía. O Día do Libro é o Día da Novela. Os libros son novelas. Cando a xente le, ou fala de ler, refírese a que le novelas. Ou nin iso. A xente di ler libros cando en realidade len manuais de autoaxuda para perder peso. Como moito unha biografía ou un ensaio.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases: Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre. As obras presentadas terán un máximo de […]