Mónica Camaño inaugura o ciclo ‘O Teatriño’ na Fundación Luís Seoane

Este mes de marzo, dedicado á muller e ao teatro, comeza O Teatriño na Fundación Luis Seoane, unha actividade comisariada por Camilo Franco que busca establecer unha relación directa entre diferentes actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos, unha actriz efectuará un acto performativo nunha montaxe única que non se volverá a […]

Casilda Alfaro

Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio ‘Xograresa de Outono 2021’ do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é “unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)”. Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora “a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país”.

O charco de Ulises CDG

O charco de Ulises

O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.

O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.

Patricia De Lorenzo XOgraresa

Patricia de Lorenzo recibiu o título de Xograresa de Outono no FIOT de Carballo

Como estaba previsto, Patricia de Lorenzo, da compañía Chévere, recibiu o título de Xograresa de Outono do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) o pasado venres 1, na xornada de clausura do festival. O dramaturgo Manuel Lourenzo –Xograr de Outono 2018– foi o encargado de entregarlle o premio nunha cerimonia na que estaban presentes numerosos […]

A “Procesión da Santa Bolaña” lembra a Vidal Bolaño en Compostela

Despois de tres anos sen celebrarse, este sábado 22 de decembro, á partir das 17:00 da tarde, regresa a Procesión da Santa Bolaña, unha procesión profana en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A procesión partirá, como é tradición, do local da Asociación de Veciños “As Brañas de Andrés”, nos Pelamios para percorrer logo as rúas do […]

O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’

A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía […]

Pregón da 35ª Mostra de Teatro de Cangas, por Eduardo R. Cunha “Tatán”

Para que che inviten a ser pregoeiro da Mostra de Cangas tes que ser alguén importante e hai pouca xente tan importante como Eduardo R. Cunha “Tatán”. A asociación entre a Mostra e Tatán é, daquela, unha alianza importante á que a erregueté –por suxestión de xente importante– non podía permanecer allea. Reproducimos aquí o […]

Patricia de Lorenzo intervén n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña

Un soño cumprido é o título da peza coa que a actriz Patricia de Lorenzo intervén este sábado, na Fundación Luís Seoane, ás 22:30, n’O teatriño, un proxecto comisariado por Camilo Franco que indaga na relación entre diferentes actrices da escena galega e o público, a través da posta en escena de pequenas representacións dunha […]

Premio Maruxa Villanueva para Eduardo R. Cunha, “Tatán”

[Actualizado a 8 de febreiro de 2018] Eduardo Alberte Rodríguez Cunha ‘”Tatán” resultou gañador da edición deste ano do premio Maruxa Villanueva. Un xurado composto por Lorena Couso, Afonso Becerra, Carlos Biscainho, Comba Campoy, Inma López Silva, Roberto Pascual e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria, deciciu outorgar […]